O 19 de agosto presentaranse os auxiliares administrativos para optar ó contrato dos programas de cooperación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Segundo a información que teño, a Oficina de Emprego de Vilagarcía, logo de realizar a sondaxe valorando unha serie de criterios, envioulle unha carta a dez desempregados inscritos como auxiliares administrativos, para que o martes 19 de agosto se presenten ás 11:30 horas na Casa do Concello, co obxecto de realizar as probas para seleccionar ós dous que prestarán servizos perante 10 meses nos locais municipais. Lémbrase que a Delegación de Traballo concedeu unha subvención ó Concello de Pontecesures ó abeiro dos programas de promoción de emprego 2008.
O Concello non coñecerá ata o luns 18 o nome das 10 persoas enviadas pola oficina de Vilagarcía.
En tanto se coñeza publicarei a relación neste medio así como a composición do tribunal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.