Catro candidatas para os dous postos de auxiliar administrativo no Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou a relación de persoas que citou para que mañá comparezan na Casa do Concello, co obxecto de asistir ás probas de selección para seren contratadas coma auxiliar administrativo nos locais municipais (programas de cooperación 2008). Serán dez meses de contrato a xornada completa.

� final só enviaron dúas aspirantes por praza que son as seguintes:
Bandín Freire, María Rosario
Dopazo Rodríguez, Susana
Gerpe Jamardo, María Dolores
Lueiro Pereira, Sonia.

O tribunal estará presidido pola secretaria do concello, Mª Trinidad Rodríguez Suárez, e serán vocais, o administrativo, Ricardo Campos Saborido e o técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.