Valga premia a arte de Ángeles Garrido.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

garrido.jpg

Recibirá un premio de 400 euros e trofeo, o 31 de agosto, dentro dos actos centrais da XX Festa da Anguía e a Caña

Ángeles Garrido é a autora do cartel anunciador da XX Festa da Anguía, de Valga.
Conseguir que a obra dun artista sexa o cartel anunciador de calquera das moitas e diversas festas que teñen lugar por toda Galicia é tarefa complexa posto que son varias as creacións que se presentan, pero unha vez se ten o galardón na man, a cousa cambia, sobre todo cando se trata da festa grande do pobo natal do autor.
Nacida no lugar de Vilar, na parroquia valguesa de Cordeiro, Ángeles Garrido conseguiu este ano que a súa creación pictórica, baixo o título de ??Agua?, resultara seleccionada polo xurado para ser a carta de presentación da ??XX Festa da Anguía e XVIII Mostra da Caña do País?, que terá lugar os vindeiros días 29, 30 e 31 do mes no que andamos. Un debuxo no que, de xeito sinxelo e con grande claridade, a artista representa os dous puntos centrais do evento culinario: a anguía e a caña, dous produtos xuntan o bo da terra e do mar para esta dobre celebración gastronómica municipal.

Recoñecemento. Deste xeito, Ángeles Garrido ve recompensados os moitos anos de traballo e adicación á arte, xa non só a nivel particular senón tamén como docente posto que na actualidade, a pintora imparte clases desta disciplina nos dous colexios de ensino primario do concello, isto é, no CEIP de Baño e tamén no CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro; ademais, tamén participa na Escola de pintura da asociación ADEVAL, onde comparte pinceis e lenzos con outros expertos na materia, como Pepe Potel, veciño do lugar do Sixto, quen acudiu a esta edición do concurso coa obra titulada ??Escoller?, coa que colleitou a segunda posición.

Con estes galardóns, Valga demostra que no municipio non todo é festa senón que tamén a arte ocupa un lugar importante na vida dos veciños do concello.

Noelia García foi a terceira premiada nesta edición do certame coa obra titulada «Anguía da ría». Na categoría infantil, os afortunados foron Nerea Guimarey, co primeiro premio, e os irmáns Gómez Mendoza, en segundo e terceiro lugar.

DIARIO DE AROUSA, 19/08/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.