BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

Publicado por fru en

No día de onte o equipo senior iniciou os adestramentos dunha nova temporada: 2008-09, onde vai disputar a liga zonal de 1ª división, logo do ascenso acadado hai 3 meses. O equipo preséntase sen grandes novidades, tan só un par de dúbidas por motivos laborais, Juanjo o rapaz de Valga que si cree poder estar connosco; e Gulli que quizais non xogue esta temporada polo seu traballo. O longo deste mes quedarán concretados os 12 xogadores que formen a plantilla 2008-09.

 imagen-006-we.JPG

Plantilla senior 2007-08

O obxetivo claro da temporada é manterse na categoria: son 10 equipos moi rodados e cada partido custa de gañalo. Hai equipos afeitos a salvarse «in extremis», mentras que 2 ou 3 son moi superiores ó resto: O Meco de O Grove e o Laxe Marin son os claros domiñadores destes ultimos anos. 

Estas primeiras semanas o equipo vai entrenar 3 dias á semana, luns, mercores e venres a partir das 21 h. Empezará a xogar algun encontro amistoso cara ó 19 ou 26 deste mes, e xa algún equipo contactou para disputar amistosos. De todolos xeitos será o vindeiro venres día 12 a partir das 20 h. cando na reunión de confección de calendarios de competición, na delegación arousana da federacion, canso se sepa exactamente a data de inicio da liga.

Por outra banda os equipos base do club empezarán a adestrar a partir do 16 de setembro, logo de que no verán tiveran algunhas horas á semana de adestramento. Estes dias os cadetes e infantis masculinos xa andan dando unhas carreiras e tirando a a canasta. Son rapaces nados no 1993 e 94 no caso dos cadetes, e en 1995 e 96 no caso dos infantis. Inda quedan fichas sen ocupar polo que se iiciará en breve unha campaña de captación de novos nenos nos colexios de Valga e Dodro.

Tamén a partir do 16 deste mes empezan os adestramentos dos alevíns (1997 e 1998), mentras que os benxamins empezarán a adestrar a finais deste mes. Ambos equipos son mixtos (nenos e nenas xogan todos xuntos.

Finalmente as nenas infantis (tamén de 1995 e 96) empezaran a mediados deste mes. Son un grupo numeroso dunhas 14 nenas, pois ás que quedan da temporada anterior sumanse as nenas que pasan por idade do equipo alevin femenino do ano pasado.

Habería a posibilidade de formar un equipo xuvenil masculino, pero a dia de hoxe está complicado, pois faría falta que nestas 2 semanas apareceran 2-3 nenos para completar o equipo. Estamos buscando nenos de 1991 e 92 que quixeran xogar, acompañando a 5 ou 6 nenos que esarían dispostos a formar o equipo xuvenil.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.