Resposta ao tránsfuga Sabariz.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En relación coas manifestacións vertidas nos medios de comunicación polo tránsfuga político Luis Sabariz, concelleiro do actual desgoberno municipal en relación cas deficiencias do CPI de Infesta, o BNG quere decir:
Parécenos dun cinismo desmesurado as declaracións de Sabariz, xa que son coñecidas por todos as promesas electorais feitas por este durante a campaña e precampaña das eleccións muncipais, nas cales prometía a bombo e platillo e dado como feito a construcción dun comedor escolar, facéndose acompañar polo Sr. Delegado Provincial de Educación, nese intre compañeiro do seu partido político. Pero o día da investidura, onde enganou a todo un pobo tamén enganou , entre outros, aos que o viñeron arroupar con promesas de investimentos para Pontecesures, entre elas a do comedor escolar.
Nós cremos, igual que todo o pobo de Pontecesures, que o único responsabel de que a día de hoxe Pontecesures non conte cun comedor escolar é o tránsfuga Sabariz e parécenos incribel que este señor responsabilice a outros da súa culpa.
Mal vai este desgoberno municipal cando o concelleiro de Relacións Institucionais é Sabariz, que ten todas as portas pechadas das institucións, precisamente polo seu carácter, actitude e cinismo políticos.
Doutra banda o BNG xa denunciou nos medios no pasado mes de maio as deficiencias graves que sufría o CPI de Infesta, deficiencias incluso perigosas (cun custo de reparación baixo), e a día de hoxe inda non se corrixiron, continúan tal cual, como así recoñece Sabariz en nota de prensa. Nós cremos que o úncio culpable de que isto non se arranxara é o desgoberno encabezado por Maribel Castro. O concello conta cunha partida económica, recibida da Xunta de Galicia cada ano, para mantemento do centro educativo, no que sen dúbida entran estos arranxos, por eso non entendemos como no comezo do curso escolar este problema estea sen resolver, e o único que se lle ocorre agora é responsabilizar a outros da súa desidia e abandono.
Este desgoberno prioriza o gasto en festas diante da educación dos nosos cativos.
Consello Local do BNG Pontecesures


15 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2008 a las 23:35

A promesa do comedor escolar foi realizada en abril de 2007 polo delegado provincial de educación, non por min. Comprometeuse a ampliar, cun custo duns 120.000 ?, o edificio administrativo do CPI Pontecesures para instalar alí o comedor. Tamén a arranxar outras deficiencias do colexio. Testemuñas: un grupo de oito ou nove nais, todo o equipo directivo do centro, o anterior equipo de goberno e técnicos de educación. Tamén este ano quedaron en arranxar os canlóns. Como non o fixeron vaino facer o concello.
Saberá o delegado por que a consellería non cumpriu, porque os alumnos do noso colexio seguen a ter esa necesidade. ¿Que eu son o culpabel?. Era o que me faltaba por escoitar. Ben sabe os membros do BNG o que loitei polo comedor a pesar da súa pasividade.
Suxerir que se apoiara ó Sr. Álvarez Angueira estaría o comedor feito é facer unha acusación moi forte contra os responsables de Educación. Eu dende logo non trago nestes asuntos. Nin polo comedor, nin por vinte comedores apoio a unha persona que non respectou os dereitos democráticos, que non respostaba ás preguntas nos plenos, que ía a comer a conta de todos con acompañantes sen xustificar, que negaba a documentación á oposición, que pechaba as portas dos despachos, que empadronou fraudulentamente a veciños de Taragoña en Pontecesures, que enviou máis de 1.000 SMS a un mesmo número en pouco tempo, que permitiu o imposible gasto de gasoil, que contratou a dedo a persoas afíns, e tantas e tantas cousas.
Non sei se teño as portas pechadas, pero, dende logo, podo ir coa cabeza alta. Tomamos, os non adscritos, unha decisión difícil. Pero tamén todos saben que de prebendas e corrupción, nada de nada. E iso, para nós, é moi importante nestes tempos que se fala con gran desconfianza da clase política.

checha · 14-09-2008 a las 01:07

Xa cheira Sr Sabariz que cando non sabes que decir porque che collen na allada soltes sempre a mesma retaila.Eres moi aburrido.
Ademais coidado coas acusacións que estas decindo que igual che salen caras.
Porque para acusar a alguen de corrupción tes que ter probas e ti non as tes.Os demais tamen podemos ir coa cabeza ben alta xa que non temos de que avergonzarnos.Espero que despois do cabreo que se che ve co que escribes retifiques o teu comentario.Xa que eu persoalmente non che vou permitir ese tipo de acusacións.Estaste pasando sete pueblos e igual alguen che ten que frear os pes.
Sabes que eu aqui non lle falto nunca a ninguen pero creo que te estas pasando.
Si estas convencido do que estas decindo vas a o xuzgado e DENUNCIAS pero faroles deste tipo xa che digo que non cho vou consentir.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-09-2008 a las 10:25

Pero, «checha», analiza ben o comentario. Expusen, por enésima vez neste medio, as razóns que motivaron o meu voto na sesión de investidura, tras acusarme o BNG de que son culpabel de que non se instale o comedor, dicindo que fun un cínico e que enganei ó pobo, e ós dirixentes do PSdeG.PSOE. ¿Poderei explicarlle a veciños e dirixentes, e incluso a ti, estas razóns? ¿Ou teño que estar calado?. Dices que non me vas permitir acusacións. Pero se eu non te acusei de nada (as razóns son alleas a ti) a pesar de que formas parte do grupo que me chama cínico e outras frases. Se ti estás de acordo con iso, se ti non queres lembrar o sucedido, se ti o queres pasar por alto, pois, muller, e a túa decisión. ¿Imos facer borrón e conta nova por entrar tí en 2007 na formación?. Por suposto que non.

manolo o do bombo · 14-09-2008 a las 13:50

UNHA vez mais sabariz cando non ten argumentos volve o pasado,esperan a ultima hora para arranxar os problemas do colexio cando non veran houbo tempo suficiente ,ten que denunciar os do bng para eles actuar e facer chapuzas de ultima hora.UN GOBERNO INCONPETENTE

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-09-2008 a las 14:15

O colexio estaba preparado para comezar o curso. O patio completamente limpo, o espazo da parte exterior do ximnasio e do pavillón, tamén. Os arranxos interiores de fontanería e persianas practicamente tamén.
Adoptáronse tamén medidas en canto o estacionamento dos coches fronte ó Pino Manso, para garantir o paso dos nenos á entrada e saída das clases.
? certo que falta substituir o canlón oxidado e denunciado polo BNG que non cambiou Educación. Xa está encargado, «manolo o do bombo», e vaise colocar en canto sexa posibel.

Tuso · 15-09-2008 a las 17:54

Ten coña que os do bloque de Cesures falen de cinismo. E mais todavía que ainda se fagan os ofendidos. Ten coña que falen de falsas promesas electorais. Ten coña que digan que é necesario ter probas para acusar (parece que as probas solo se necesitan cando din algo deles).

O das denuncias parece que algunha inda non se enterou de como vai. Non tedes que denunciar vos, é o reves, tedes que decirlle aos demais que «se consideran que fixen algo ilegal denuncienme». Parece que os novos non atenden nas clases do xefe 😉 .

O que xa non ten gracia é o de «Estaste pasando sete pueblos e igual alguen che ten que frear os pes.», supoño que será sinxelamente unha expresión desafortunada, porque sonar sona moi moi mal…

Cara de cona · 15-09-2008 a las 18:41

Claro que ten a súa coña tuso…que lle pregunte checha e os do bloque o delegado porque lle pagaban a angueira sen ir a dar clases para que quedase no concello a facer política….e despois falan estes de cinismo…pero si estes non querían o comedor…nunca o quixeron…cando lle preocupou a educación en cesures?…..nin en outra parte, son tipos de vacacións….jo….jo…jo…

manolo o do bombo · 15-09-2008 a las 21:15

CARA DE CONA corroeche a envexa, que sabes ti de educacion que non sabes de que color e si andan de vacacions fan ven,¿TES ENVEXA? ja ···ja ···ja

sobreiras · 16-09-2008 a las 00:29

«Xa cheira Sr. Sabariz». Checha, cheiras, cheiras tí, que para eso eres da familia dos «cheiros» (sin querer ofendelos). Que falarás tí de acusacións que non son verdade. Xa che dixen moitas veces que Sabariz non minte. Que non contestaba nos plenos, sabemolo todos, que non lle daba información a oposición tamén, que rompeu a fotocopiadora, tamén, que comeu con acompañantes a conta de todos, tamén, está nas facturas, tamén está nas facturas o gasto desproporcionado do gasoil, tamén os 1000 SMS a unha soa persoa, tamén sabemos todos que cobraba o soldo de Educación sin ir a traballar, que foi condenado por ir contra a Ley de Liberdade Sindical, que comían algúns coa venta da chatarra do Concello, que non deixaba facer reunións sindicais no Concello, que se tiñan que facer as portas do Concello ou en locais cedidos por veciños coma si fosen reunións clandesstinas,os empadroamentos fraudulentos tamén o sabemos. Sabemolo todos, nin siquera fai falta que Sabariz nolo lembre. E agora vamos a escola. ¿Que persoa traballaría máis por este colexio dende fai case 15 anos? ¿os do BNG? Non, Checha, non foiche o Sr. Sabariz. Por certo, eses canalóns que dan noxo, xa estaban así no goberno do Sr. Angueira, co Sr. Baliñas de representante municipal no Consello Escolar e non os arreglaron. Pero este gran goberno que temos agora si que os vai arreglar, e prontiño, estadevos tranquilos. Por certo, en canto a corrupción pronto teredes noticias.

checha · 16-09-2008 a las 12:21

Sobreiras cada dia pareceste mais a Cara de cona sobre todo na boa educación que tendes os dous.

Cara de cona · 18-09-2008 a las 19:19

Checha pregúntalle o teu lider….como cobrou de educación sen ir a traballar todo un curso académico, e pregúntalle os socialistas da Piñeira como o consintiu o delegado do PSOE…este sobreiras parece unha enciclopedia…como sabe o tipo…será un arrendentido do bloque de cesures..jo…jo…jo…

Tiroliro II · 20-09-2008 a las 19:48

Onte se falou no pleno de que o ex alcalde cobrou de educación sendo alcalde por dar clase sen ir a traballar, como e posible eso?, quen e o responsable de estragar así cartos públicos?, noutro pais as investigacións e os cese serían fulminantes, neste pais onde a Vicepresidencia do BNG tanto fala de igualdade permitense estas trapicheiradas, igualdade? si home si, uns jodidos opositando e opositando sacando mais de 9 puntos, e outros, os interinos, quedando nos postos, con puntos e puntos de ventaxa cando foron nomeados a dedo hai anos, e ainda por riba pagánlle sen ir polo posto de traballo, despois fala o Quintana que escándalo.

laranxa · 23-09-2008 a las 12:55

Non vexo probas das que falades por ningun lado!!!…Como decía miña avoa,que era unha muller moi sabia,»o falar non ten cancelas».Por certo,»sobreiras» ti que sabes do tema,¿a que ven iso de facer medios pasos de cebra,acabouse a pintura ou é afan de aforro de Maribel? e…¿que me dis das barreiras de aparcamento ,uns tubos que os nenos desmontan «como si nada»?…

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-09-2008 a las 17:48

O novo paso de peóns entre a porta do patio escolar e o miradoiro do Pino Manso non quedou completamente pintado no seu día pola choiva. Hai bastante persoal de baixa, pero espérase que se remate nos vindeiros días.

tita · 17-08-2009 a las 19:02

pois se hay personal de baixa a lista de parados no inem é inmensa..metede mais xente a traballar ..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.