BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA OS SEUS PRIMEIROS PARTIDOS DE PRETEMPADA

Publicado por fru en

 imagen-006-we.JPG

Logo de unhas semanas adestrando, esta fin de semana tanto o equipo cadete masculino, coma o senior, van xogar os primeiros partidos amistosos de pretempada.

Mañá sábado, a partir das 18.30 h. en Pontecesures, os seniors xogan contra o CB. cuntis- Rte. D. Manuel un interesante partido, pois son 2 equipos formados por xente veterana que se levan enfrentado en numerosas ocasións nos últimos anos. 

Os cesureños van tratar de ir collendo o ritmo de xogo, para adaptarse o mais pronto posible á nova categoría na que van militar esta vindeira campaña. O equipo é o mesmo que logrou o ascenso hai 4 meses en Pontecesures. O Cuntis, fora outro dos participantes na final a 4, pero ó perder co Portonovo quedou 4º clasificado, e nun principio, salvo renuncias, xogará outro ano na 2ª division.

Por outra banda, os rapaces cadetes van xogar este domingo, a partir das 12 da mañá, no Grove, contra un dos equipos favoritos para gañar a liga zonal: o CB Grove. O equipo ten ós 10 rapaces que xogaran a campaña pasada en cadetes, mais a incorporación dun rapaz que pasa dos infantis. Son 11 nenos adestrados por Antonio Pedrido que inician a súa 2ª tempada xogando xuntos. Pronto iniciarán a súa liga zonal.

Para a próxima fin de semana serán os nenos e nenas infantís os que empecen a xogar tamén partidos amistosos, polo que os distintos equipos do club están «botándose a andar».

Tamén se recorda que calquera rapaz ou rapaza que queira formar parte do club, poderá unirse. Para elo que se dirixa ó polideportivo cesureño os martes, xoves ou venres, dias  de adestramentos, e será informado dos dias  e horas de adestramento correspondentes.

Temos actualmente ademais do equipo senior, con 12 xogadores, outros 5 equipos de rapaces/as federados, cun total de 54 nenos/as fichados a dia de hoxe: (11 cadetes, 12 nenas infantis, 11 nenos infantís, 10 alevíns  e 10 benxamíns). Estamos intentando lograr reunir outros 10 nenos e nenas para montar un 2º equipo de alevín (mixto) en Valga; co que teríamos 7 equipos federados na tempada 2008-09, obxetivo principal do club.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.