ROMERÍA DO TRIGO EN VALGA

Publicado por Carmen Barreiro en

O concello de Valga informa que este sábado, 4 de Outubro terá lugar a ROMERÍA DO TRIGO en colaboración co proxecto RONSEL (abalado polas tres universidades galegas, consellerías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia) para recuperar o Patrimonio Cultural Inmaterial.

 

Destacar que coa romería remata todo o proceso que se estivo levando ata o de agora: sementeira, sega, malla, moenda e barutado no que participaron activamente os membros da asociación terceira idade (Axentiva) e os dos colexios de Educación Primaria «Xesús Ferro Couselo» e «Baño».

 

Participarán todolos veciños que queiran achegarse, posto que o único requisito é anotarse no Concello ou no Auditorio ata o Venres as 14.00 h .

 

Na romería serviranse os productos elaborados a partir do trigo : pan, empanadas, biscoitos, roscas…

 

Actuarán as pandereteiras do concello e un grupo de gaiteiros xunto co grupo musical  Los Tres Latinos. Como invitado de honra estará o gaiteiro Pablo Carpintero, que forma parte do proxecto Ronsel.

 

Hora: a partir das 14.00 h.

Lugar: Candieira (detrás do Auditorio Municipal de Valga)

 

Begoña Piñeiro Busto

Auditorio Municipal de Valga.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.