Co «Serán» remata o proceso do trigo en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

trigo.jpg

Los vecinos gozaron dunha xornada ó máis puro estilo tradicional.

A paraxe de A Candieira, na parroquia valguesa de Cordeiro, foi o lugar no que onte se escenificou o último paso do proceso de tranformación do trigo, que non foi outro que dar boa conta dos produtos elaborados con este cereal. Ducias de maiores, nenos e representantes municipais sentáronse entorno a unha mesa para desfrutar dun bo xantar no que os pratos estrela foron as empanadas, o pan, e postres coma os biscoitos ou a rosca, todo el feito a partir do trigo que os propios veciños cultivaron nunha finca próxima ó longo dos últimos meses.
A diversión estivo garantizada en todo momento gracias á animación das pandereteiras do municipio, que entonaron coplas e muiñeiras durante boa parte da tarde. Tampouco faltaron os gaiteiros, imprescindibles en toda festa galega que se precie, e a sesión de baile púxoa o grupo musical vilanovés ??Los tres latinos?.

Con esta Romería do Trigo culmina a segunda edición dun programa interxeracional que o Concello puxo en marcha no 2007 co obxectivo de ensinar ás novas xeracións de valgueses como se traballaba o campo hai varias décadas, cando a tecnoloxía e a maquinaria eran algo reservado a uns cantos privilexiados e había que botar man do esforzo personal para poder cultivar todo tipo de produtos, neste caso o trigo.

Á hora de recrear estes traballos foi fundamental o papel desenrolado polos integrantes da asociación de maiores de Valga (Axentiva), que actuaron como mestres e ensinaron ós alumnos dos colexios de Baño e Xesús Ferro Couselo actividades agrícolas coma a sementeira do trigo, a sega e a malla, un dos pasos máis espectaculares. Tan só faltaba moer o grao conseguido para que onte pudieran todos levar á boca produtos do máis artesanal.

DIARIO DE AROUSA, 05/10/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.