Preguntas e rogos do pleno de setembro. Nota do BNG.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Preguntas e rogos pleno de Setembro 2008.
A continuación facemos unha valoración do pleno ordinario de Setembro 2008, incluindo as preguntas e rogos do BNG e unha valoración das respostas.

Que noticias teñen sobre o mantemento do Centro Médico de Pontecesures e do CPI de Infesta a cargo da administración autonómica. ¿Vai a facerse cargo deste mantemento a Xunta de Galicia e cando?

Resposta o Sr Sabariz que non sabe nada novo más que o coñecido por todos do convenio da Xunta de Galicia coa FEGAMP, no que acordaran empezar polos concellos máis pequenos, pero dende a sinatura do convenio non tiveron novas sobre o tema.

O Sr. Randulfe informa que él si ten noticias, que ten dende hai uns día un escrito da Xunta de Galicia para asinar un posible convenio entre as dúas administracións (Xunta e concello) pero inda non o estudiou como é debido.

? evidente a falla de comunicación entre os membros do goberno, alomenos nestes asuntos, cando un afirma que non sabe nada e o outro afirma que teñen escrito no concello dende hai uns días. Dan a entender que se ocultan información e por eso o Sr. Sabariz se pasa no concello ata altas horas da noite (buscando a información que os seus compañeiros de desgoberno non lle facilitan).

¿Cando van a convocar a praza de auxiliar adminsitrativo e de que tipo vai ser esta convocatoria?

O Sr. Randulfe que non entende a que nos referimos. Se lle aclara se pretenden convocala como funcionario de carreira ou como persoal interino.

O Sr. Randulfe apenas sabe que contestar, máis que tiveron que esperar a aprobar os orzamentos, e intervén o Sr. Sabariz afirmando que probablemente convoquen incialmente como interino e logo como definitiva porque lle urxe moito unha persoa, xa que están desbordados de traballo e o procedemento administrataivo é moito máis curto, máis áxil e máis simple.

Dende o BNG manifestamos estar en contra desta decisión porque dende o mes de abril que foi publicado no BOP a oferta desta praza, tiveron tempo máis que suficiente para iniciar os trámites administrativos e convocar a praza de forma definitiva e con todas as garantías. Asimesmo o Sr. Randulfe vinculaba esta decisión a ter aprobados os orzamentos de 2008 cando na realidade non teñen nada que ver neste tema, dado que a praza foi consignada nos orzamento de 2007, polo que a xuizo do BNG o único que mostra esta actitude é desidia por parte do desgoberno tripartito.

Dende O BNG rógase que os semáforos permanezan acendidos con luz ámbar durante unhas horas axeitadas e non o que está a pasar agora que ás 8 da mañán e ás 9 da tarde-noite se pasan do funcionamento normal a luz ámbar, e a esas horas hai un tráfico considerable e causa problemas na circulación no cruce de A Estrada.

O Sr. Randulfe, que preside a corporación, non opina sobre este asunto e intervén o Sr. Sabariz recoñecendo o exposto polo BNG e desmarcándose dos seus socios do goberno porque el manifesta que prefire que seguiran a funcionar como o estaban facendo antes, dun xeito normal as 24 horas. Non obstante recoñece, o que verdadeiramente nos sorprende, que un mecanismo para regular automáticamente o cambio de funcionamento habitual a ámbar custa moi pouco. E nos sorprende, como sendo así esto non se teña solucionado antes cando dende o BNG xa se tiña feito público o malestar dos veciños polo anomal funcionamento da regulación semafórica.

Dende o BNG agardamos que esta situación se corrixa inmediatamente

O alumeado público sigue fallando e esta situación xa foi posta en coñecemento polo BNG en varias ocasións, tanto nos medios como no pleno, e a situación sigue exactamente igual. ¿Cando pensan solucionar as deficiencias de xeito definitivo?

Contesta o Sr. Randulfe que o problema é que o alumeado é da época de Piñeiro Ares e que polo tanto está obsoleto (vennos a dicir que non é problema del), pero que non obstante está a facer xestións coa Deputación de Pontevedra para renovar toda a instalación dende a Praza de Pontevedra ata o final da rúa Victor García.

Dende o BNG vemos ben que se xestione esa inversión da Deputación e se renove o alumeado na calle principal do pobo, pero entendemos que esto non é de hoxe senón que se leva denunciando dende hai tempo e que non fan absolutamente nada, os veciños están a protestar continuamente e con razón e ademáis estas carencias do alumeado non son únicamente as das rúas centrais do pobo senón que tamén se están a producir noutros moitos lugares do pobo.

Intervén o Sr. Sabariz explicando que é verdade o que denuncia o BNG pero botándolle a culpa á empresa encargada do mantemento das instalacións eléctricas para o concello. Que eles están cansos de comunicarlle todas estas avarías, pero que recoñece que a empresa non pode máis, que fai o que pode, que si é unha empresa de Pontecesures con poucos traballadores, que si non dispón dos medios suficientes, que si traballaba xa no goberno anterior, e en fin que toca aguantar co que hai.

Dende logo as explicacións dadas por Sabariz parecen inauditas, evadindo as súas responabilidades e culpando á empresa Doselco.

Tamén foi denunciado xa en varias ocasións o estado da rede da pista de tenis do peirao e sigue a estar nunha condicións moi perigosas para quenes usan esas instalacións. ¿E que non pensan facer nada e só esperan a actuación na zona de Portos de Galicia?

O Sr. Randulfe dicindo únicamente que Portos de Galicia ten pensado colocar na zona en cuestión unha especie de almacéns e que polo tanto non se vai gastar diñeiro nunha rede nova par que logo veña Portos e a inutilice, afirmando que antes de rematar o ano xa actuará Portos na zona.

Inmediatamente o Sr. Sabariz admite que o problema existe e que realmente hai perigo para os usuarios, que xa se reparou en varias ocasións pero que non están dispostos afrontar un gasto nunha rede nova cano vai intervir Portos na zona. Sabariz contradice o dito polo Sr. Randulfe de que portos vai por uns almacéns nese punto eliminando asi as actuais instalacións deportivas, afirmando que él cree que Portos vai acceder a manter e mellorar as instalacións tal como se lle pedíu polo Pleno cando se analizou o anteproxecto presentado por Portos (a iniciativa do BNG), e que haberá que analizar e discutir polo pleno o proxecto cando o presenten.

Polo BNG se expón que se pensa que esta actuación de Portos vai ir moito máis alá deste ano e que polo tanto subsanen agora as deficiencias da pista para non por en perigo aos usuarios da mesma.

Gustaríanos saber que xestións teñen feito diante doutras administracións para dotar a Pontecesures dun Centro Sociocultural.

Resposta o Sr. Randulfe que ningunha, que como non saben donde poñelo que inda non fixeron ningún tipo de xestións.

Sabariz cala nesta ocasión.

O BNG lamenta que unha infraestructura tan necesaria para o pobo, que todas as formacións políticas que se apresentaron as eleccións locais levaban no seu programa electoral caia en saco roto e non sexa de interés para o desgoberno de Pontecesures.

Pregúntase ao Alcalde-Presidente que ten que dicir no referente ao caso de Dna.. Isaura Jamardo, que na xornada electoral das elección xerais sufríu unha caída nas instalacións do colexio público de Infesta, presentou informe médico o 10 de maio e non lle dan razón ningunha no concello e só a están mareando pasandolle a pelota uns aos outros.

O Sr. Randulfe non contesta e sí o fai o Sr. Sabariz facendo unha exposición dos feitos e divagando sobre a responsabilidade do concello, do seguro e botándolle a culpa de estar o asunto sen solucionar á interesada porque di que non fixa a cantidade económica a demandar.

Dende o BNG pídese que se lle solucione o problema á veciña e deixen de mareala.

Cando o concello vai respostar aos comercios sobre a aplicación da Lei de horarios pois no mes de xullo lles pediron as licenzas e dende entonces non teñen ningunha comunicación do concello.

O Sr. Randulfe tampouco contesta e sí o fai o Sr. Sabariz dicindo que él contesta a todo, que non ten ningún problema. Non sabe nada de si se lle contestou, si non, qué é o que hai que contestarlle, que non é cousa deles que é de Industria, ect, ect. Finalmente quedan en contestarlles.. .

A xente está demandando discos da zona azul. Cando van a vir.Como é que o Sr. Sabariz leva os discos para a casa e logo os reparte polo pobo entre os veciños. Sábese que o Sr. Sabariz levou feixes de discos e os reparteu persoalmente nun supermercado.

Sabariz di que é falso, que él solo ten un disco, e que eso nunca o fixo, que sí os repartiu no concello pero que nunca os levou para a casa, que para a casa leva papeles do concello pero non discos.

Dende o BNG non creemos ó Sr. Sabariz pois xa quedou demostrado cando levou do concello o selo para os velatorios ou documentos do concellos para os bares,.

Arremete nos medios contra un membro do BNG por facer a súa labor de oposición acusandoo de intervir pouco nos plenos, e non ten vergoña cando o seu socio tránsfuga en 15 meses de lexislatura pouco apareceu polos plenos e ata agora non intervíu nunca. Non ten dito nin pío.

Ao BNG parecéunos un pleno que calificamos de pintoresco, sen contido, por non ter non tiña nin os informes de presidencia e no que o Presidente quedou totalmente anulado polo Sr. Sabariz.

NOTA DO BNG DE PONTECESURES.


20 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-10-2008 a las 11:51

Pois o pleno non tivo nada de pintoresco. Foi unha ssesión onde cada membro da corporación pudo falar o que quixo e sen límite de tempo. Que gran diferencia con aqueles plenos presididos polo ex alcalde (non contestaba ás preguntas, curtaba a palabra e os debates, levantaba a sesión cando lle parecía, etc..). As mellores testemuñas son os asistentes que ían antes e agora ós plenos.
Ante esta información sesgada do BNG sobre as súas preguntas, quero dicir:

1-A min ninguén me oculta información no Concello nin houbo contradicción algunha sobre a asunción da Xunta dos gastos de mantemento do Centro de Saúde e do CPI Pontecesures. Deste último dixen que ata agora pagaban directamente o gasoil, e o voceiro popular dixo que había un documento para asinar sobre outro gastos do centro.
2-Sobre a praza de auxiliar informouse que ía ser convocada a praza con celeridade, non descartándose a interinidade (selección con publicidade e baseada nos principios de igualdade, mérito e capacidade, claro) por ser longos os trámites.
3-A miña postura sobre os semáforos xa foi exposta neste medio, na prensa e no pleno. Hai unha decisión consensuada para o horario nocturno e son libre para dar a miña opinión. ¿Por que non?.
4-Para nada critiquei á empresa Doselco no tema do alumeado. Dixen que ten insuficiencia de medios (camión con elevador) para cambiar as luminarias das columnas altas. O mesmo que ocorría nos 8 anos en que o Sr. Álvarez Angueira presidía a corporación. Ten que alugar un camión e iso retrasa os arranxos. Pero é un empressa de Pontecesures e está a cumprir ben o seu traballo. Naturalmente se dan os avisos canto antes para que se proceda ás reparacións.
5-Claro que pretendo que a pista do peirao permaneza no peirao tras a obras de remodelación do complexo. E non o digo eu só. Expresou esta decisión o pleno por unanimidade no seu día. Espero que Portos de Galicia respecte esta suxerencia.
6-Sobre o interese na responsabilidade do concello pola caída no patio escolar dunha señora o día das eleccións xerais, manifestei que o dano ten que ser avaliado económicamente e aínda non se presentou nada sobre este tema no concello por parte da interessada (gastos sanitarios, secuelas futuras xulgadas por un médico, etc..). Hai un expediente en curso con comunicación ó seguro.
7-A Delegación de Industria solicitou, por denuncia dun establecemento, un informe sobre se abren os domingos os supermercados do municipio. A Sra. Tarela preguntou se a carta fora contestada e como non estivo a alcaldesa no pleno había dúbidas (está contestada segundo me confirmaron posteriormente). Expliquei que o supermercado da N-550 xa está pechado os domingos á mañá dende aquela, pero os da rúa San Lois é Carlos Maside non. Abriuse un debate e pregunteille se era o BNG partidario dese peche e non contestaron. Por suposto os nacionalistas pretenden quedar ben cos denunciantes pero non queren quedar mal con numerosos usuarios que prefiren que os supermercados estean abertos o domingo pola mañá. ? o de sempre.
8-Sobre a acusación de D. Arturo Ferro, xa dixen todo. Actitude pouco seria. Qixo facer un «chiste» co dos discos e pouco máis.
9-As demáis acusacións xa foron contestadas en moitas ocasións. Prefiro non reiterar os argumentos.

Como conclusión solicito, unha vez máis, ós veciños que vaian ós plenos. Así poden xulgar o ocorrido sen necesidade de que ninguén llo conte interesadamente.

estudiante · 5-10-2008 a las 19:35

Seguramente o que ti contas dos plenos é o que realmente alí se dixo e o que contan outros e información sesgada e interesada. Moi ben SAba, moi ben.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-10-2008 a las 19:59

Ven ós plenos, «estudiante». Estás moi posicionado dende hai tempo, pero, de tódolos xeitos, é mellor que veñas para comparalos cos que presidía o anterior alcalde.

Cara de cona · 5-10-2008 a las 22:09

Polo que vexo a da Cocha, a checha, quere que o Froiz e o Día cerren os domingos pola mañana…o Saba querelle tirar da lingua para meterlle a xente en contra…anda o Patitas do Día cabreado co bloque por iso…coidado Cecilia…que ten mala leche…se pechan os super pola mañana os domingos todo morto…claro ceci ti quedas a durmir despois do sábado noite…e os demais que? a morrer…

charly · 5-10-2008 a las 23:16

Canta democracia por parte do BNG ahora claro, cando estaban no poder silencio.
Pensades que somos os nenos do club Nautico.que leemos o Coran mirando para Taragoña

estudiante · 5-10-2008 a las 23:49

A cales te refires Saba, ós que acompañaches ti durante 7 anos ou só os plenos nos que estabas na oposición cando te botaron fora do joberno?
Non contestaba anjeira ás prejuntas durante eses 7 anos ou era despois cando ti estabas fora do joberno?
Curtaba a palabra e os debates nos 7 anos que estuveches con él ou foi só cando te botou fora?
Levantaba a sesión cando lle parecía mentres ti o acompañabas no joberno ou foi cando te botou fora.
Viva la consecuencia.

estudiante · 5-10-2008 a las 23:59

Con respecto as afirmacións feitas polo Saba encol do cumprimento da normativa dos horarios comerciais, unha observación.
Acusades a Cecilia de querer quedar ben con todos pero eu non vexo cal é a posición túa (e moito menos a dos teus compañeiros) no respecto a este tema.
A lei do comercio, aprobada polo parlamento de Galicia, é de obrijado cumprimento, juste máis ou menos, sea boa ou mala. Se é mala hai que facer porque se reforme ou se faja outra mellor, e se é boa pois inda mellor. Sexa mala ou boa é obrigatorio cumprila, beneficie os empleados, perxudique os donos, perxudique os veciños que poden comprar os domingos, ou faga cambiar os costumes e se fagan as compras noutros momentos da semana ou se vaia o domingo a comprar a Padrón.
Ti escaquéaste do asunto e larjas a pelota. Móllate ti tamén que tes tamén a oblijación de que a lei se cumpla sempre.

manolo o do bombo · 6-10-2008 a las 13:00

Eso e mollate ti ,porque todo e criticar a cecilia,e ademais atua familia politica tamen ten aberto.SAbariz a lei hai que cumplila pero todos porque en carreiras na de salvador os domingos pola tarde faise as botas cos do botellon,e asi nos vai uns todo e outros nada.

Tiroliro II · 6-10-2008 a las 15:43

Outra vez acusa o bloque a Sabariz de levar a voz cantante no pleno, non se libran del nin de coña, angueira quere pasar a pagina, pero Sabariz non está pola labor e sigue dando caña e recordando as trapicheiradas, non vai calar polo que se ve, asi os da oposicion teñeno dificil, por exemplo cecilia a da cocha aparece defendendo a unha muller das casas de protección oficial de porto por unha caida, hai liña directa, porque?..porque angueira cando gobernaba meteu a filla a dedo no concello, todo se sabe e Sabariz por suposto tamén, vaillo recordar en calquera momento, veredes…están incapacitados para criticar por trapicheiros.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-10-2008 a las 21:45

Mentres estiven no equipo de goberno co Sr. Álvarez Angueira, contestábanse a tódalas preguntas nos plenos. En particular eu contestei a moitísimas. Por suposto non se curtaban os debates e falaba o concelleiro que quería. Despois nos últimos quince meses do seu goberno, o ex alcalde empleou as actitudes que tantas veces denunciei (incumprimento dos acordos plenarios, inasistencia a varias sesións para non respostar ás preguntas da oposición, supresión dos debates, dicirlle ó público na porta antes das sesións: «a que vides aquí», levantamento das sesións na quenda de rogos e preguntas, plenos a media mañá para ver se fallaba alguén da oposición que tiña que traballar, etc…).
Non me agocho no tema dos horarios comerciais. Con data 14/07/08 o concello enviou á Delegación de Industria a relación de establecementos de Pontecesures que abren os domingos, por solicitalo a administración autonómica. Hai que lembrar que o artigo 5.1 da lei 13/2006 de horarios comerciais establece que os establecementos comerciais só poderán estar abertos 8 domingos ó ano. Pero o artigo 8. 1 f) da mesma lei parece que exclúe disto os establecementos de menos de 150 m2 de superficie. En consecuencia só os supermercados de máis de 150 m2 teñen esa prohibición. Coa resposta enviouse a totalidade de establecementos abertos, co rogo de que se autorizase tamén a apertura dos supermercados grandes os domingos porque os establecementos comerciais situados no contorno inmediato de celebración de feiras e mercados tradicionais (como o de Padrón) poderían estar abertos no mesmo horario que teña o devandito mercado segundo o parágrafo e) do artigo 8.1 da lei 13/2006. Isto pode ser dubidoso e necesita unha tramitación. Veremos o que decide a Delegación de Industria.
Isto é o que hai. Naturalmente son partidario de que se respecte a normativa, e penso que sería interesante que, de acordo coa posibilidade apuntada da proximidade do mercado de Padrón, se autorizase a apertura. De non ser así os supermercados grandes terían que pechar os domingos (agás 8 ó ano) e punto.
As funcións inspectoras nesta cuestión están compartidas pola Consellería de Innovación e Industria, pero a resolución dos expedientes sancionadores correspóndelle á administración autonómica (artigo 18 da Lei 13/2006).
Creo que o BNG de Pontecesures, a través de Cecilia Tarela, titubea nestes temas e quere quedar ben con todos. Iso ás veces non é posible.

checha · 6-10-2008 a las 23:18

Tomeime uns dias de descanso nesta paxina pero creo que xa vai sendo hora de volver.Xa que as tonterias que cheguei a leer sobre a miña persoa e sobre os meus comentarios cheiran.
Empezando a Cara de Cona podese matar toda en poñerme podre ou poñer cousas na miña boca que son mentira.A miña resposta para ela vai ser a de sempre eu con maleducados non trato e mentres me falte o respecto como o fai seguira sendo un cero a esquerda todo o que poña.
E sobre as respostas do pleno vou decir o seguinte:
Eu preguntarei no pleno por problemas de calquer persoa sempre que se me diga.
Da muller que ti falas Tiroliro ten nome chamase Isaura e como preguntei polo seu caso podo preguntar polo de calquera.E mentira que se pregunte por favores politicos.
Esta familia antes de vivir nas casas sociais foron os meus veciños durante moitos anos e teño moi bo trato con eles comentaronme o caso e eu preguntei como ia o tema nada mais.
E para o Sr Sabariz eu non titubeo co tema e non estou cos denunciante como vostede di.E eu ademais xa lle contestei que me da igual que abran ou que pechen.Pero sigo pensando o mesmo as leis estan para cumplilas.Non lle parece a vostede que estan para iso.
E sigolle decindo non titubeo nestes temas xa que me informei ben da lei antes de levala o pleno.
E outra cousa¿a que comerciantes lle levaron a resposta? Xa que eu preguntei e ainda non encontrei a ningun que lle chegara.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-10-2008 a las 23:56

Pois benvida, «checha», alégrome que voltes connosco no medio. Expliquei o mellor posibel, no comentario anterior, o da apertura dos establecementos os domingos e din o meu punto de vista. Parece que non entendiches ben. Non había que levarlle a resposta a ningún comerciante. Mira muller; a Delegación de Industria pideu información ó concello sobre os establecementos abertos os domingos en base ó art. 18 la Lei 13/2006 (a inspección é compartida) e actuar en consecuencia. O concello, en contestación, preparou un informe da Policia Local e enviouno á propia Delegación en xullo pasado. Ata hoxe. Andas un pouco insegura no tema.
Saúdos.

LA FURIA DE DIOS · 7-10-2008 a las 12:47

Pero checha, qué morro tes. Precisamente ti dis que as leis están para cumprirse cando se moito non me equivoco dedícaste a facer cumpleanos (botellóns) no baixo da túa casa.

Eu non digo que non teñas o teu dereito, pero ¿pensaches no dereito dos teus veciños a durmir pola noite?
Queixaste do ruido que fan os demais (obras do alrededor,etc) pero non dis nada dos teus.

Ben se ve que che gustan as «dobres baras de medir»

checha · 7-10-2008 a las 14:15

Supoño que o que faga eu na miña casa non lle importa a ninguen.Para eso e a miña casa.E podoche asegurar que non molesto a ningun veciño xa que fago moi pouco ruido.Estou ali cos meus amigos moitas veces.Cando queiras pasaste e comprobalo e ata te invitamos a unha copiña.

estudiante · 7-10-2008 a las 14:25

moi ben checha. pero tes que ter coidado se invitas a Cara de cona, Tiroliro, la furia de dios, e non poñas moitas copas porque che cheja cunha pa todos eles, e sejuro que te levas unha sorpresa.

LA FURIA DE DIOS · 7-10-2008 a las 16:47

Festa, alcohol, diversión pero «todo en silencio».
A verdade é que parece que si esto é así Checha, enhoraboa, inventaches a primeira festa «light» do mundo.
Por certo, estudiante se no teu traballo eres tan bo como pitoniso non creo que nunca cheguen a darche a medalla ó mérito do traballo. Deixa de dicir burradas e permite que haxa mais dunha persoa que non esté dacordo contigo. ? facil pensar que son todos un.
Un saudo.

estudiante · 8-10-2008 a las 00:07

Burradas?
Dios eran tres personas Padre, Hijo y Espírito Santo, non era así?

LA FURIA DE DIOS · 8-10-2008 a las 17:18

?LTIMA HORA

Angueira chama a Sabariz e Randulfe para negociar a retirada da denuncia. Ofrécelles a súa dimisión e deixar como voceira do partido a Cecilia a Cocha.
Sabariz e Randulfe vanse reunir hoxe á noite no bar Mambis para estudia-lo asunto.

Vaticanista · 8-10-2008 a las 18:09

Deixate de atacar á Santísima Trinidade, estudiante, temos que rezar polo teu lider Angueira para que non sexa inhabilitado xunto co presidente local do BNG Xurxo Gerpe polo asunto do combustible. Reza un rosario de xaculatorias ó Corazón de Xesús.

estudiante · 8-10-2008 a las 22:19

Eu non teño lider, nin siquera relixioso, se queres rezar reza ti. Non teño lider nin xefe nin rezo por ninjén. Todo eso déixocho para ti.
En canto ó tema do xusjado, anjeira dicía entonces que se fora os tribunales, xa se fixo e ajora toca esperar a que decidan os tribunales, eso sí tano si justa como si disjusta e que cada quen ajuante ca súa, polas dúas partes.
Ajora ben, tan é de respetar as decisións duns xuíces como de outros. Polo que leo,a xuiza de Caldas non veu indicios de nada punible, nin na denuncia de Randulfe nin na de Sabariz e Diz, ata tal punto que nin chegou a chamar a declarar ós afectados. Agora unha instancia superior mándalle que investigue por si houbera responsabilidades. A min paréceme correcto.
Vaticanista e cia, rezade moito, moito, pero para que saian culpables. Sejuro que xa levades un tempo facendoo. Sejide rezando.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.