Baremo de valoración para seleccionar limpador/a do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1) Experiencia profesional. Máximo 4 puntos en total.

Valoraranse traballos nas diferentes administracións públicas e tamén en empresas privadas coma limpador/a. A puntuación otorgarase por meses efectivos de traballo a xornada completa. As contratacións a tempo parcial ratearanse segundo corresponda e o resto dos días soltos sumarán meses se acadan o número de 30.
As puntuación serán:
-Experiencia na administración pública: 0,25 puntos/mes.
-Experiencia na empresa privada: 0,15 puntos/mes

2) Situación familiar/persoal.

-Muller: 0,50 puntos.
-Parado de longa duración (máis de 12 meses sen perder a antigüidade coma demandante de emprego): 0,50 puntos.
-Familia monoparental por cada fillo menor de 16 anos a cargo: 0,50 puntos.
-Familia con cargas compartidas: por cada fillo menos de 16 anos a cargo: 0,25 puntos.
-Familia monoparental por cada fillo de entre 16 e 26 anos que conviva na unidade familiar: 0,25 puntos.
-Familia con cargas compartidas: por cada fillo de entre 16 e 26 anos a cargo: 0,15 puntos.

3) Situación económica da unidade familiar.

Para as valoracións da situación económica (sen ingresos, cobrando prestacións de desemprego ou subsidios, etc…) deberase acompañar á solicitude as copias da documentación que se estime oportuno.
A situación familiar valorarase, no caso de fillos menores de 16 anos, cun certificado de convivencia que se solicitará nas oficinas do concello, e no caso dos maiores de 16 anos, ademais do certificado de convivencia, da tarxeta de desemprego do INEM se no está a traballar, ou un certificado de estudos se está matriculado nalgún curso do ensino oficial.

4) Entrevista persoal.

Os candidatos/as que, unha vez valorados os méritos, teñan posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado, realizarán unha entrevista persoal que versará sobre as tarefas a desnvolver no posto de limpador/a.
A tal efecto, serán citados telefónicamente logo de publicarse a lista de valoración de méritos, onde asemade aparecerán os candidatos que se deben presentar á entrevista da que se fixará data e hora polo tribunal seleccionador.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.