Lingua galega: Carta de Antonio Domínguez, de Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende que nacín me falaron sempre en galego e eu tamén lles falei aos meus fillos en galego dende que naceron. Resulta cando menos sorprendente que ultimamente se queira impoñer dende un sector do Goberno galego a fala no noso idioma. Sobre todo como cando se te presentas a oposicións da Xunta ou o Sergas vale para as categorías máis baixas o certificado de iniciación do galego, e para outras, como no meu caso, que me presentei ao Ingacal, esíxeme para auxiliar administrativo o Celga 4 ou perfeccionamento. E me excluiron, claro. E simplemente fago unha reflexión. ¿Quen fixo máis polo galego? ¿Eu, que o falei e o falo dende pequeno e llo transmitín aos meus fillos, ou a parte da Xunta que quere impoñelo?.

Carta de Antonio Domínguez (Padrón). LA VOZ DE GALICIA, 16/10/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.