Instalado un novo marcador electrónico no polideportivo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na tarde do venres día 17 instalouse este novo marcador subministrado pola empresa Mondo Ibérica. Na colocación foi necesaria a intervención dun elevador de Grúas Estación.
O custo do marcador é sufragado integramente pola Deputación Provincial de Pontevedra e o grupo de goberno local quere mostrar a súa satisfacción polo logro conquerido agradecéndolle o subministro ó organismo provincial.
O marcador era unha necesidade fundamental e así o viñan demandando os usuarios do recinto deportivo. Lémbrase que hai uns meses solicitouse unha subvención á Consellería de Cultura e Deporte pero non foi concedida por este órgano da administración autonómica.
O novo marcador xa estará operativo nos encontros de baloncesto que terán lugar este fin de semana.
Dase así a «xubilación» ó vello marcador que fora instalado no pavillón nada menos que en 1988. Testemuña de moitas batallas deportivas inesquecibles, o marcador presentaba moitos problemas nos derradeiros tempos. De tódolos xeitos, vaise tentar o seu arranxo para que sexa a alternativa nalgúns adestramentos ou encontros amigables.


2 comentarios

Cara de cona · 18-10-2008 a las 18:43

Moi ben polo goberno conseguindo o marcador…randulfe saca peito…os votos do BNG decrecen e decrecen….a consellería de Bugallo nega un simple marcador…e traeno a deputación…cecilia checha…que dis agora..? a quen lle poñemos a placa?…jo…jo…jo,..

sobreiras · 19-10-2008 a las 01:18

E de ben nacidos ser agradecidos, polo tanto dar as gracias a Deputación e ao Sr. Randulfe por este logro, un máis. Os noso clube de baloncesto ben merecido o ten.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.