Moción do BNG de Pontecesures contra a violencia de xénero.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE X?NERO.

EXPOSICI?N DE MOTIVOS.

O 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, ten que ser unha data de compromiso dos gobernos co conxunto de organizacións sindicais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista.
?, pois unha data para a denuncia activa de toda a sociedade en contra da violencia que se exerce contra as mulleres en razón do seu xénero.

Todas, todos, podemos facer algo contra a violencia machista.

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero, os recursos creados para atender ás mulleres en situación de violencia de xénero, as campañas de sensibilización e os pasos que se deron para avanzar na consolidación dos dereitos das mulleres son necesarios para loitar contra este fenómeno, máis é necessario optimizar o seu uso e achegalos con maior eficacia ás mulleres.
Por outro lado, a prioridade das accións políticas que se dirixen á atención das mulleres que padecen a violencia machista é tal, que non deben verse influídas por coxunturas económicas; antes ben, poñen en evidencia a necesidade de atender con maior eficacia á hora de prestar os recursos, aínda en momentos de crise.
O papel que teñen os concellos é fundamental, pois desde eles pódese garantir a atención, o acceso ós recursos e á prevención directamente. Así poden constituirse en modelo para todas as veciñas e veciños na actuación eficaz e posta en marcha de políticas de intervención reais e que sexan eficaces á hora de mentalizar a prevención da violencia e actuar coordenada e axilmente ante situacións deste tipo.
Este compromiso é fundamental á vista das cifras de denuncias realizadas e cifras de casos concretos de violencia que, en moitas ocasións, acaban coa vida das mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas.
? necesario implicar ó conxunto da cidadanía, trasladarlle a información actualizada e corresponsabilizar ó axentes sociais para que poidan intervir directamente sobre os casos que se puideran dar, porque, tratándose de un problema de carácter social imbricado nos valores sociais existentes e cun carácter estrutural que ten as orixes nas relacións de poder historicamente desiguais entre homes e mulleres, precisa de medidas artelladas desde a propia sociedade.
Temos que construír unha sociedade onde o centro sexan as persoas, sen distinción de sexo, e igualitaria.
? por isto polo que cómpre a implicación de todas as administracións, tamén das municipais, no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación. E son tamén os concellos quen poden artellar mecanismos de responsabiliazación e implicación de toda a cidadanía para acabar coa violencia machista.

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo:

-Mellorar a efectividade das accións contra a violencia de xénero a traves da creación de protocolos locais e/ou comarcais que incorporen recursos sanitarios, sociais, educativos e de seguridade, e que teñan como finalidade axilizar o acceso á atención e aos recursos para as mulleres que padecen a violencia machista.

Pontecesures, 7 de novembro de 2008

Asinado: Margarita C. García Castro e Cecilia Tarela Barreiro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.