BALONCESTO: LICENCIAS FEDERATIVAS DO PRIMEIRO EQUIPO CESURE?O FEDERADO EN 1985.

Publicado por fru en

Gracias a Javier Bustelo, que tiña gardadas as licencias federativas todos estes anos, e agora que as recuperou para o club de baloncesto facemos un pouco de memoría, e con algo de nostalxia, presentamos as fichas do 1º equipo federado de categoría xuvenil, alá por 1985, hai xa 23 anos. De aquela as fichas presentábanse na federación, e mentras iban a Madrid á federación española para a sua tramitación, e logo viñan de volta, via federacion galega – delegacion viguesa, pasaban meses. En concreto nese ano fixeranse a finais de outubro, e foron dilixenciadas pola federacion o 24/12/1985.

 Pinchando sobre as imáxenes, poderanse ver mais grandes.  

O equipo formouse gracias ó apoio desinteresado de varias persoas, que á sua vez tiveron que facer ficha federativa:ent-del-web.JPG

– Manolo Amenedo. Profesor no colexio de Infesta. E un dos directivos do club.

– Fernanda Cuenca. Monitora titulada. Foi a 1ª adestradora que tivo Pontecesures.

– Francisco Vazquez. Encargado da preparación física. Contan que daba unhas ??palizas? tremendas carretera da Estrada arriba.

– Jose Ramón. O outro profesor que formou parte do club. 

 O club formárase ó unirse 2 xeneracións de xogadores. Por unha banda estaban os mais maiores, que viñan de xogar federados no club existente en Padrón, nos anos 1983-84, e 1984-85. Na primavera de 1985 desfaise ese club. Por outra banda habia en 1984-85, dentro das actividades que facía o colexio de Pontecesures (D. Manolo e D. José Ramón) un equipo de categoría infantil que participaba na competición en idade escolar.  Así, nese 1985 decidiuse unir ós integrantes de ambos grupos e formar un equipo de categoría xuvenil. Con xogadores que viñan do club de Padrón viu o único rapaz foraneo, Miguel Rey, fillo dun profesor do instituto de Padrón. E con Manolo e José Ramón entrenaba Fernanda, única persona que tiña o título necesario de monitor de baloncesto. 

Os xogadores: 4-7-web.JPG

4.- Antonio García, ??Fuxan?.

5.- Roberto Lojo, ??Chochis?.

6.- José Luis Miguéns.

8.- Jorge Martinez, ??Carroseiro?   8-11-web.JPG

9.- Angel Barreiro, ??Yelis?.

10 .- Javier Bustelo ??Bus?

11.- Francisco J. Melón.

12.- Juan Crego ??Carr?.   12-15-web.JPG

13.- Miguel Rey ??Cojinke?.

14.- José Fernández ??Prieto?

15.- Miguel Miguéns ??Metralleto?

7.- Luis Miguel Santiago ??Luismi?.   


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.