Comezan as obras para instalar puntos de luz na cesureña Rúa Carlés.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe vai comezar a instalación de varios puntos de luz na rúa Carlés de Pontecesures que se atopa prácticamente sen alumeado público

Esta pequena rúa presenta esta deficiencia e os veciños dos tres edificios afectados xa solicitaron esta mellora en varias ocasións. Incluso o alumeado do parque infantil existente no fondo desta rúa leva varios días avariado, agravándose a situación.

Os traballos rematarán nos vindeiros, esperando que queda arranxada tamén a avaría do alumeado da parque infantil ocasionado por unha canalización soterrada de servizos na zona.

Pontecesures, 11 de novembro de 2008

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro delegado de relacións institucionais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.