Mañá haberá clase no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois das incidencias xa relatadas do asolagamento que houbo hoxe no edificio de primaria e secundaria do CPI Pontecesures, pódese confirmar que mañá haberá clases no centro. As dúas aulas que permanecen con problemas son a de música e a que está en fronte (ámbalas dúas na planta baixa). Arestora aínda hai pingueiras procedentes do falso teito e hai un par de horas instaláronse 4 grandes deshumidificadores por parte de servizo de mantemento de Delegación de Educación. Estas dependencias permanecerán sen luz (foron retirados os tubos fluorescentes) ata que sequen completamente os teitos.
Sobre ás 17:30 horas visitou as instalacións o propio Delegado da Consellería de Educación, José Armando Cristóbal Fernández Vázquez, que confirmou que mañá haberá clases con normalidade no centro, e que os nenos/as das aulas danadas realizarán a súa actividade noutras dependencias do colexio.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.