Roubo na tenda de Sara Castro na rúa Carlos Maside de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 17:45 horas do día de hoxe, entraron tres mulleres xoves nesta tenda. Tras entreter unha delas ás presentes, as outras dúas roubaron a cartera dun bolso dunha señora de Condide que se atopaba probando roupa. A carteira tiña documentación, cartos e un décimo de lotería de nadal. Ás tres mulleres foron recollidas por un vehículo de cor obscura guiado por un home.

Con anterioride, estas tres mulleres tentaron, sen éxito, roubar algún obxecto da Ferretería Hermanos Castro Figueira.

Foi avisada a Policía Local e a Garda Civil, que instrúe dilixencias. Segundo datos de última hora, o trío de mulleres roubou tamén más tarde nun establecemento de Padrón, onde os axentes da Policía Local andaban na súa busca.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.