Finou Manuel Senín, ex concelleiro de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Aos 88 anos de idade, finou hoxe, Manuel Senín García, que foi concelleiro de Pontecesures polo Partido Popular entre 1991 e 1995, e que formou parte do equipo de goberno sendo alcalde José Piñeiro Ares.
Manuel Senin, que era viúvo de Carmen Fernández Cardelle e tivo sete fillos, rexentou perante moitos anos unha zapatería na rúa Portarraxoi de Pontecesures.
O velorio do finado está instalado na sala nº1 do Tanatorio «Iria Flavia» de Padrón. Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 17 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral. O enterramento será no camposanto parroquial de San Xulián. Descanse en paz.


1 comentario

"Ad hoc" · 17-12-2008 a las 08:08

Me temo que onde dí:

«Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 18 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral.»

Debe dicir:

Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 17 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral. »

Día 17 pois.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.