Carta de felicitación do Club Náutico aos colaboradores coa institución.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Dirección do Club Náutico de Pontecesures quere agradecer a enorme esforzo que sen dúbida realizades con esta entidade deportiva. Vos sodes os verdadeiros impulsores da actividade náutica desta comarca, posto que sen a vosa colaboración, toda a nosa ilusión e compromiso non sería suficiente para desenvolver o traballo que facemos tódolos días do ano.
Neste momento que estamos a vivir, sen dúbida complicado para todos, o voso compromiso é unha mostra exemplar de solidariedade con Club Náutico Pontecesures e con tódolos nenos e persoas que disfrutan desta actividade náutica. Saber que valorades esta actividade deportiva e o esforzo que cada día facemos por ter algo neste pobo do que todos se sintan orgullosos supón, sen dúbida, unha grande satisfacción para todos os que integramos esta realidade deportiva.
Pese as dificultades que estamos atravesando, sólo polo voso apoio e pola ilusión dos rapaces, loitaremos día a día para seguir facendo un Club Náutico Pontecesures como ata o de agora:

Para todos e cunha única linguaxe: «O Deporte».

Polo voso esforzo, e porque o merecedes, dende a Dirección do Club Náutico de Pontecesures queremos dexesarvos para vós e as vosas familias un ano 2009 che de saúde e alegría.

FELIZ 2009
A XUNTA DIRECTIVA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.