«Non houbo treboadas nin choiva como para abrir as fontes» din nas pesqueiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Pese a que o Ulla leva moi pouca auga, aos pescadores de máis idade non lles falta a ilusión por ir ao río cada tarde a botar as redes e cada mañá a levantalas. «Hai que estar as maduras e as verdes», explica Manuel Vidal. Polo de agora, debido ao escaso caudal, só botan tres das 17 redes que se poden estender nos 11 ocos que forman as pesqueiras de Areas, nas que poden traballar ata o 30 de marzo. A partir do primeiro luns de febreiro e ata o 30 de abril, a pesca trasládase ás pesqueiras de As Vellas, O Canal e A Trapa, ubicadas por esa orde no río, todas no tramo de Herbón. Nas de Areas, os pescadores botan as redes nos buratos do medio do río, o tramo con máis auga, e aínda así algunha delas queda pendurada no aire. «Parecen bandeiras», di un deles. Antes do comezo de cada tempada, os pescadores cumpren co ritual de reparar «un pouquiño» os aparellos artesanais de pesca, dende as redes aos ferros e mesmo a barca de madeira. Asemade, piden permiso a Augas de Galicia para arranxar as pesqueiras do río. Agora, agardan que o tempo cambie e que chova o que non choveu ata o de agora de modo que, recordan, «non houbo treboadas nin abriron as fontes de auga».

LA VOZ DE GALICIA, 09/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.