Roubo na cafetería «Sol y Mar» de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 2:45 da pasada madrugada tres persoas, entraron neste establecemento situado na Travesía do Muelle forzando a verxa de entrada. Levaron á máquina tragaperras e a caixa da rexistradora. Sonou a alarma do local e sairón veciños do edificio onde se atopa o baixo. Deron algún berro e incluso chegaron a lanzar unha maceta para que fuxiran os delicuentes. Estes fuxiron nun automóbil apreciandose que eran xoves, e que levaban na cabeza a carapucha do chaquetón.
A Garda Civil compareceu no lugar uns dez minutos despois do suceso, e presentouse a correspondente denuncia.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.