Un berro unánime: ¡Que viva a paz!

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os nenos do Ferro Couselo xuntáronse no Salón de actos.

Os nenos de toda Galicia celebraron hoxe o Día da Paz con distintas actividades lúdicas nas que non faltaron as pombas e sobre todo, a petición de fin da violencia no mundo.
O alumnado do colexio Xesús Ferro Couselo, da parroquia valguesa de Cordeiro, tamén quixo unirse a esta celebración e así, logo de dúas horas nas que cada curso estivo na súa aula recibindo as ensinanzas oportunas, reuníronse todos os estudantes no Salón de Actos do centro para levar a cabo unha serie de actividades coas que os cativos e os seus mestres pediron tamén o cese de calquera manifestación violenta en todo o mundo.

Os alumnos de primeiro ata quinto de primaria leron unha frase na que cada un solicitaba a paz nos distintos ámbitos da vida, mentras que os de sexto o facían dúas veces, porque iso de que ser os maiores ten as súas vantaxes ou inconvenientes.

Baile > Pero a paz non só se pide con palabras senón tamén con xestos ou outras manifestacións artísticas. Deste xeito, a profesora de música tivo o seu protagonismo xa que foi a encargada de xuntar a todo o alumnado que participou nos actos festivos no centro da sala para interpretar unha danza conxunta ao son dunha peza musical, e á que os cativos e os seus mestres tamén fixeron a súa achega, xa que incluso se animaron a cantar.

Logo deste baile, os alumnos máis veteranos situáronse na parte central do local para cantar eles sós un tema que está de plena actualidade, ??No dudaría?, de Antonio Flores.

Pero tamén houbo lugar para a improvisación xa que un cativo, por orde dos mestres, berrou diante de todos ??¡Viva a paz!?, mentras que a música da última canción soaba de fondo dende un móbil.

DIARIO DE AROUSA, 31/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.