Roubo polo sistema «butrón» no pub Tribal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe, detectouse no pub Tribal da rúa Sagasta, que polo sistema «butrón» (os ladróns abriron un buraco pola parte traseira do local con entrada pola rúa Castelao) leváronse botellas o equipo de música, pantallas para proxectar fotografías, tabaco e os cartos desta máquina e moedas procedentes de propinas e cambios.
Como dende o domingo ata hoxe,o pub estivo pechado, non se coñece o día concreto do roubo.
Lamentablemente segue esta vaga de roubos. A pesar de que hai unha maior vixiancia por parte de Garda Civil (moita maior presenza polas noites) non se logra rematar con estes actos delictivos.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.