Ante o perigo de caída, foron talados os abetos que quedaban fronte a gardería municipal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe, persoal municipal talou estes tres abetos. Realmente é unha mágoa verse na obriga de curtar ás árbores ornamentais. Formaban partes estes abetos bermellos da paisaxe da zona escolar e serán lembrados por todos.

� moi posible que estes abetos fosen danados na súa raíz cando se pavimentou a pista e se fixeron as beirarrúas, ou cando se instalaron diversos servizos soterrados na zona (auga ou saneamento). O certo é que había seis. Un deles curtouse hai uns seis sete anos, cando se comezaba a desprender no chan e abaneaba nunha noite de forte temporal. Outro caiu de cuaxo o día 23 de xaneiro polo forte vento sen causar, afortunadamente, danos persoais ou materiais. O terceiro foi curtado o día 6 de febreiro cando estaba resquebraxado á metade, tamén polos efectos do forte vento, levándonos un gran susto polo perigo xerado.

Ante o risco considerable de caída no futuro (o asfalto sa estaba algo levantado e cuarteado preto dun tronco), tomouse a decisión de talar os tres abetos restantes. Decisión tomada con moita dor, sí, pero non podiamos esperar a que ocorrera calquera desgraza, pois podía desplomarse algunha árbore sobre a escola infantil.

Na semana que ven tamén será talado un sétimo aberto que está situado fronte as antigas vivendas dos mestres. Este está practicamente seco.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.