Comeza, para a semana, a construcción da beirarrúa polo talud da nacional.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A vindeira semana o Servizo Provincial de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento comezará os traballos de construcción dunha beirarrúa na marxe do talud da Nacional N-550 partindo do cruce de San Xulián (dirección Vigo-A Coruña, marxe dereito). Nunha primeira fase, a beirarrúa chegará ata o número 32 da propia nacional (é a ruá Jose Novo Núñez neste tramo) e logo antes de fin de ano completarase dita beirarrúa ata a intersección coa estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira. Ademais da beirarrua vanse recoller cunha tubaría de sección axeitada as augas pluviais procedentes do talud.

Entre os números 22 e 24 deste tramo da nacional e respectando a distanza regulamentaria á curva, instalarase un paso de cebra cun semáforo de pulsar para garantir a seguridade dos peóns.

Esta actuación de seguridade viaria é moi demandada pola veciñanza, sobre todo do lugar de San Xulián para acceder ao centro da vila e foi solicitada en moitas ocasións polo concello.

Esta concellería quere agradecer a este órgano da administración do estado a realización dun investimento de tanta necesidade.

Pontecesures, 12/02/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro delegado de relacións institucionais


1 comentario

BonitoConMexillon · 13-02-2009 a las 12:27

poR FIN se lles pasou pola cabeza poñer os semáforos nese tramo da estrada… inda non sei como nunca pasou unha desgracia porq mira q pasa xente maior e cativos por ahí… polo menos cando eu o era, e pasaron uns vinte e tantos anos.
Así a todo, gracias por facer caso, non está para nada demais cando a seguridade vial se refire

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.