O Servizo Provincial de Estradas pintou o venres o cebreado, tantas veces demandado, xunto a Comercial Moncho.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá do venres día 13 pintouse este cebreado para que os vehículos que baixan ata o semáforo da intersección da estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira coa N-550, deixen o espazo libre deste cebreado, cando dito semáforo estea pechado, para posibilitar que os vehículos que suben ata os colexios pola rúa «Borobó» non queden retidos, impedindo o desaloxo da N-550 co conseguinte perigo.
Dita medida, que é moi importante por razóns de seguridade e para darlle fluídez ó tráfico, recíbese con satisfacción, agradecendo ao Xefe Provincial de Estradas de Pontevedra da CPTOPT o interese amosado para resolver este tema.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.