Apareceu o coche que lle roubaron a Alejandro Vieites o pasado día 11.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as tres desta madrugada, apareceu fronte ao tanatorio de Montouto, o Peugeot 307 gris, con matrícula 7021-FSF, que foi roubado o pasado día 11 de febreiro no garaxe de Alejandro Vieites Rúa na rúa do Campo nº 5 de Porto.
Logo da comprobación das pegadas no coche por parte da policía cientifica, este foi trasladado a Pontecesures. O automóbil está en bo estado, aínda que mañá será levado ao taller para comprobar os baixos, onde pode ter algún golpe.
Por outra banda, dicir que Alejandro Vieites estima que o valor do roubado na madrugada do día 11 ascende a uns 6.000 ?. Ademais da televisión e do ordenador, tamén comprobou (hai días que xa está na súa casa de volta de Alemania), que lle levaron diversa maquinaria do garaxe como un compresor, un martelo picador, incluso unha pistola para sacrificar os porcos, e obxectos da casa, como unha plancha e dous reloxos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.