A informática non ten trabas para ninguén.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As alumnas están a traballar cos elementos básicos dos computadores.

Las instalacións do Auditorio Municipal de Cordeiro ofrecen distintas actividades, entre elas, a Escola de Música Municipal, actividades de reforzo escolar, á Coral Polifónica Santa Comba, o Centro de día e a Aula Aberta de Informática.
Por este último servizo do local pasa xente de todas as idades, dende os nenos máis cativos do CRA pasando polos escolares dos centros de primaria e tamén os veciños de máis idade do municipio, xa que nunca é tarde para perderlles o medo ás novas tecnoloxías.

As ??avoíñas? están a traballar dende hai xa uns meses coas CPU, os monitores e os ratos, aínda que o aspecto informático que a bo seguro máis éxito vai ter entre as alumnas de Alicia López será o acceso á internet, no que as once pupilas coñecerán os segredos que agocha este mundo, crearán a súa propia conta de correo electrónico e pode que incluso ousen chatear e quizais atopar a algún coñecido.

Temática >A monitora da actividade de informática imparte, durante unha hora, distintos módulos formativos. Así, dende o pasado 12 de xaneiro empezaron a manexar o computador, xa que ningunha delas nunca tivera ningún contacto con este trebello. Así, empezan polas cousas máis básicas: encendido e apagado, control do rato (que é quizais o módulo que lles resultou algo máis complexo por todas as actividades que se fan con este elemento), coñecemento do teclado.

Agora, os seguintes obradoiros a descubrir son o manexo dos programas de tratamentos de textos e a internet, actividades que empezarán a desenvolver nos vindeiros días na Aula Aberta que o Concello de Valga ten no Auditorio.

As clases rematarán arredor do mes de xullo aínda que non se descarta continuar todo o ano.

DIARIO DE AROUSA, 23/02/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.