Padrón distingue a Xose Manuel Olveira co premio Maruxa Villanueva.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O actor Xosé Manuel Olveira, Pico, foi distinguido co Premio de Interpretación Maruxa Villanueva que convoca o Concello de Padrón dende hai oito anos. O fallo celebrouse o venres pasado pero o actor non foi avisado ata onte, cando o chamou o concelleiro de Cultura Eloy Rodríguez. O xurado elixiu por unanimidade a proposta de premiar a Olveira polo seu traballo na obra Aeroplano e Noite de Reis e pola súa «traxectoria autodidacta en defensa da formación e da profesión teatral galega».
O actor xa lle transmitiu ao goberno padronés a súa «ledicia» polo premio, segundo contou Eloi Rodríguez. Asimesmo, destacou a súa vinculación coa terra de Padrón na que chegou a formar parte no seu día do conxunto musical padronés Lúa e participando como protagonista dun episodio da serie Os outros feirantes, adaptación dunha novela de Alvaro Cunqueiro que se rodou en escenarios da capital do Sar. Pico recibirá un cheque por importe de 1.200 euros e unha estatuíña feita polo escultor de Rois Camilo Rodríguez. Asimesmo, o concelleiro de Cultura anunciou que fará as xestións necesarias para que a obra Aeroplano poida representarase en Padrón, a poder ser na semana da entrega do premio, pendente de fixar. Eloi Rodríguez tamén agradeceu a labor do xurado.

LA VOZ DE GALICIA, 24/02/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.