A Irmandade de Amigos e Fillos de Padrón dá o coñecer a lista de distinguidos en Pascuilla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón deu a coñecer a relación de persoas e entidades que recibirán a homenaxe anual da entidade, nun acto que se celebrará o domingo de Pascuilla, 19 de abril, con motivo da xuntanza que se celebra dende hai 34 anos.
Dese xeito, ao longo destes anos foron homenaxeados médicos ilustres, profesionais competentes, deportistas, traballadores, xoves promesas, industriais, emigrantes e persoas sinxelas que se destacaron polo seu cariño a Padrón. No tradicional xantar do próximo día 19 de abril, que se celebrará ás 14.30 no Hotel Scala realizaranse as entregas destas distincións, que nesta edición serán para: María Atanes de la Fuente, comerciante xubilada; Pitita Rey Lea; impulsora de actividades culturais; Xosé Carlos Beiró Piñeiro; historiador; Antonio Cajaraville Balado, comerciante xubilado; Fernando Castaño Solar, escultor padronés residente en Madrid; Luis Lamas Rivas, xubilado de farmacia; Roberto Díaz Martínez, párroco de Santiago Apóstolo de Padrón. Asimesmo, distinguirá a empresa Autos Rois (Autocares Bustelo) y al Club Veteranos Rosalía.
O acto do domingo de Pascuilla da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón, que está presidida por Ángel Agrasar Muíños, inclúe unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía de Castro ubicada no Paseo do Espolón. A tradicional xuntanza supón, ademais, o remate da programación máis institucional da Pascua e naceu hai 34 anos para distinguir a aqueles padroneses que desenrolan a súa vida fóra da capital do Sar.

LA VOZ DE GALICIA, 01/03/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.