BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

SENIOR ZONAL

Sabado as 19.30h. xoga en Pontevedra contra Estudiantes Ingasur. Quen perda ten pe e medio na 2ª division zonal.

CADETE MASCULINO

Sabado ás 11.45 h. en Pontecesures, conrtra o Liceo de Vilagarcia. Os nosos cadetes están facendo un bo torneo copeiro, con 4 victorias en outros tantos partidos, e non deberan ter problemas para lograr a 5ª.

INFANTIL MASCULINO

Domingo as 12.30 h. en Pontecesures, contra o Marin B – Peixegalego. Partido clave para os infantis, gañando manteñen o 3º posto e poden seguir permitindose soñar. Partido igualado, contra un equipo co que se levan enfrentado 4 veces dende outubro. Tan só perderon a primeiro vez (en liga na nosa casa), pero os resultados dos 4 partidos din que son equipos moi parellos, pois non houbo moita diferencia no marcador en ningún dos encontros.

INFANTIL FEMENINO

Domingo ás 10 en Pontevedra, contra Arxil B. Dificil papel ante un frouxo Arxil. Estes son os partidos que sinalan o nivel dun equipo na liga.

ALEVIN

Domingo ás 17 h. no municipal de O Grove, contra o Meco B. Os nosos nenos non deberan ter  problemas para acadar a victoria, nesta nova competicion copeira que inician.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.