ESTE DOMINGO O C. B. RIO ULLA ENTREGARÁ A CESTA DE ENTROIDO SORTEADA

Publicado por fru en

Cada ano por estas datas, coincidindo co Entroido, o club fai unha rifa dunha magnífica cesta cos «ingredientes básicos» para darse unha boa laconada: Ademais do propio lacón, non fallan os grelos, chourizos, patacas, bebidas, cafñé e licores. Así como a manzanilla para axudar na dixestion.

O sorteo este ano foi o pasado venres 27 de febreiro, e a terminación das 3 ultimas cifras da ONCE premiada foi a 552. A persoa posuidora da mesma xa se puxo en contacto para decir que tiña o boleto premiado, polo que este domingo día 8 seralle entregada no polideportivo cesureño a devandita cesta, xusto no descanso do partido do domingo á mañá, pois nese equipo xoga o rapaz que lle vendeu a rifa, e será o propio neno quen lle faga entrega da cesta á persoa agraciada.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.