O ORAL segue coas tarefas para dar de alta no Catastro construccións novas ou rehabilitadas en Pontecesures.
Durante esta semana e no Centro Social de Pontecesures, están a comparecer os titulares destas edificacións co obxecto de documentar as modificacións. Os propietarios foron citados tras realizarse por parte do ORAL as comprobacións oportunas, mediante traballo de campo comparando a realidade física coa documentación do Catastro de Urbana.
0 comentarios