BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA DO EXTRUGASA RIO ULLA

Publicado por fru en

Extrugasa sesior 2008-09

SENIOR ZONAL

Domingo as 17.30 h. en Pontecesures contra Ribadumia. Rematarán os 12 minutos e 35 segundos que faltan deste partido suspendido no seu momentopor humidade na pista.

Domingo as 18.30 h. en Pontecesures contra Pub A Leria – Cambados. A continuacion, o equipo xoga o partido da xornada, contra un equipo co que nos decidimos quen evita o descenso. Un dos 2 equipos: Cambados ou o Extrugasa salvarase a costa do outro, e o outro descenderá xunto con Pontevedra, pois para que Pontevedra se salvase e descenderan Cambados e Extrugasa tería que darse unha combinacion moi improbable.  

En caso de gañar ó Cambados teríamos 2 victorias mais, e si é por mais de 11 puntos teríamos tamen o «basketaverage». Gañando os 2 estaríamos matematicamente salvados, polo que esta é a xornada clave para intentar evitar o descenso.

INFANTIL MASCULINO

Sabado as 12 en Pontevedra contra o CB Pontevedra. Partido moi igualado a priori no que os nosos se xogan estar nos postos de arriba.

ALEVINS

Sabado as 16.30 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Deberían de impoñerse os nosos nenos/as sen problemas.

INFANTIL FEMENINO

Sabado as 17.45 h. en Pontecesures, contra o CB Meco de O Grove. Partido moi igualado, onde as nosas nenas teñen unha oportunidade de demostrar que progresaron na temporada.

CADETE MASCULINO

Sabado as 19.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra. Os retos para o noso equipo neste partido son saber por canto se vai gañar e si se chega ós 100 puntos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.