Ã?ltima hora: Roubo na biblioteca municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Foi nesta pasada madrugada. Forzando unha ventá traseira do edificio situado na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», os ladróns entraron no inmoble, levándose varios equipos informáticos (o principal da biblioteca coa impresora, e outros dos que utilizan os usuarios de «Internet nas bibliotecas»), e unha estufa. Ademais causaronse danos na ventá e na contraventá.
Estase a avaliar agora o custo do material substraído que pode ser importante, e hai que ter en conta a prexuizo que pode causar a perda de ficheiros dos usuarios da biblioteca, que é fundamental para a retirada e consulta dos fondos da mesma.
Arestora, axentes da Garda Civil de Valga están a realizar a inspeción ocular das instalacións logo de presentarse a correspondente denuncia.
Ã? a cuarta ou quinta vez que asaltan a biblioteca municipal de Pontecesures, nos seus 25 anos de historia.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.