Pontecesures renovará a súa paisaxe urbana coa reforma das rúas céntricas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Algunhas das principais rúas de Pontecesures renovarán a súa imaxe nos vindeiros meses coas diversas obras tanto para o núcleo urbano como para o lugar de Porto.
Unha destas actuacións xa está en marcha. Comezou hai escasos días nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García, onde se están a renovar as farolas de alumeado público, a meirande parte das cales quedarán obsoletas posto que teñen máis de 20 anos de antigüidade. Deputación Provincial e Concello invisten máis de 238.000 euros, que suporá a substitución de 48 farolas no centro da vil e a instalación de 114 novos puntos de luz.
Esta mellora do alumeado non será a única das obras que se execute nestas rúas céntricas, senón que o goberno municipal porá en marcha nas vindeiras semanas o proxecto de urbanización e dotación de novos servizos tanto na jPrazuela coma nos viais Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Víctor García e Travesía do Automóbil. A financiación, 555.556 euros, provirá nesta ocasión do Fondo Estatal de Inversión Local.
As obras consistirán na instalación de rede separativa de saneamento e renovación das tubrerías de augas, ademáis de mellorar as beirarrúas que, no caso de Ssan Lois pasarán a medir 1,8 metros de ancho, mentres que en Sagasta e Víctor García chegarán a 1,9. Tamén está prevista a colocación de mobiliario urbano como papeleiras, xardineiras e bancos.
Na praza do Coche de Pedra instalarase pavimento de pedra morena para convertila nun espazo máis acolledor, mentres que o proxecto da Plazuela contempla a mellora do pavimento, que se asentará sobre unha base de formigón, a corrección dunha grieta no muro da balaustrada, o saneamento e a colocación de bancos de pedra e forxa.
Aínda así, a actuación máis ambiciosa de todas cantas se pretenden levar a cabo nas rúas da vila afectará á zona de Porto. A Deputación ten comprometida unha inversión cercana aos dous millóns de euros para o arranxo da rúa Deputación e da Avanida dos namorados. No primeiro dos viais melloraranse as beirarrúas, o mobiliario urbano e botarase unha nova capa de rodadura.
Na Avenida dos Namorados o investimento pode chegar aos 1,2 millóns para instalar unha varanda paralela á vía do tren, construir beirarrúas a ambas marxes da estrada, habilitar zonas de estacionamento, colocar alumeado público, mobiliario, arbolado e canalización de servizos. O proxecto comtempla tamén a creación dunha plozoleta de granito e adoquín á altura da churrasquería O Candil.

DIARIO DE AROUSA. Especial 8º Aniversario. 14/03/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.