Entran no local da antiga Autoescola Pontecesures e provocan un incendio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as cinco da pasada madrugada, un home, ao parecer só, forzou a porta do local da antiga Autoescola Pontecesures (xa non ten actividade dende xaneiro deste ano 2009) situado na Travesía da Bandeira de Pontecesures. Plantou lume nunha «montonera» de documentos que estaban fora do arquivador metálico existente na oficina, e os veciños do edificio alarmados polo fume chamaron ao 112.
Varios veciños saíron á rúa, e efectivos de Protección Civil de Pontecesures extinguiron as chamas.
Segundo algunha testemuña o home saiu do local e subiu nun quad onde o estaba esperando outra persoa.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.