Ã?ltima hora: Recuperado o material roubado na madrugada do venres 13 na biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un labrego atopou hoxe nun alpendre da súa propiedade en A Ponte (Padrón) diverso material acopiado. Había bastante tempo que non ía por alí, e ante o achado avisou á Garda Civil que trasladou os obxectos ao cuartel de Iria en Padrón.
Hai pouco, persoal da biblioteca de Pontecesures, a alcaldesa, e a Policía Local de Pontecesures identificaron no cuartel os ordenadores e a estufa substraída no roubo da madrugada do venres 13. En consecuencia, pódese dicir con ledicia que se recupera integramente o material substraído que será tradaladado á instalación canto antes.
Tamén é moi posible que estivera alí o material roubado ó Pub Tribal de Pontecesures, a principios de febreiro pasado (proxector e outros obxectos), e a outros establecementos. O propietario do local ten que facer as comprobacións nas vindeiras horas.
O cuberto está na zona do Trozo. Preto do taller de coches, vaise por unha pista, indo para Padrón a dereita con dirección ao Lestido.
Ata o de agora, non se ten coñecemento da identidade dos delincuentes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.