O Pub Tribal recupera tamén a maior parte dos obxectos roubados a primeiros de febreiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No cuberto do Lestido (Padrón) onde apareceron os ordenadores e a estufa da biblioteca municipal de Pontecesures, tamén estaba un proxector, un limitador, unha mesa de mesturas e un amplificador que foran substraídos polo sistema «butrón», no pub Tribal de Pontecesures situado na rúa Sagasta a primeiros de febreiro pasado.
O material foi recoñecido no día de onte no cuartel da Garda Civil de Iria en Padrón, e así o propietario do Tribal, só lle faltan agora o maletín cos CDs e as botellas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.