BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE A PORTONOVO E ACADA A PERMANENCIA OUTRO ANO NA 1ª ZONAL

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 54

Peñaño (9), Pedrito (-),Diego (6), Cachote (3), Nacho (11), Santi (14), Juanjo (-), Pepi (11).

 LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 49

 Acadouse o obxetivo que non era outro que a permanencia con esta victoria que asegura a presenza do Extrugasa outro ano mais entre os mellores equipos da liga zonal. Inda quedan por disputar 2 partidos aprazados, este sabado no Grove contra o Meco, e para a semana en Vilanova, pero a ambos partidos o Extrugasa pode acudir tranquilo, pois Cambados, o equipo que viña por detrás para salvarse, non nos pode coller en victorias, ó ter 3 partidos gañados, e tamén teñen 2 partidos aprazados. A nos, que temos 6 victorias xa non nos poden coller.

 O partido desta maña empezou ben par ao Extrugasa, quen defendeu moi forte os exteriores de Portonovo que erraron moitos lanzamentos (min 5: 12 â?? 2). Nacho e Santi, polos locais, impuxeron seus quilos na zona de Portonovo. Logo entrou en xogo Peñaño, e aguantou o Extrugasa a diferencia ó final do cuarto 16 -9.

 No 2º cuarto, cas rotacións locais, e faltando Gulli, Arturo e Felipe, dispuxeron de minutos os menos habituais, que tamén cumpriron en defensa. Portonovo logrou acercarse a base de velocidade: ataques errados do Extrugasa, incluso con bos lanzamentos, eran contraataques dos de Portonovo. Polos locais a tripleta Nacho-Pepi-Santi seguia anotando os puntos, normalmente debaixo do aro visitante. No descanso victoria local 29 â?? 26.

 

E na 2ª parte Extrugasa que domiñou todo o tempo con diferencias de 2 a 6 puntos ó seu favor. No final do 3º cuarto Santi e Diego dende o exterior mantiveron ó Extrugasa  diante, á vez que Nacho, Pepi e Peñaño descansaban uns minutos. (min 30: 40 – 36).

O empezar o derradeiro cuarto, parecia que os de Portonovo ian poñerse diante (40 -38), e xogando mal os locais, pero 2 triplas seguidas de Cachote e Peñaño dironlle unha nova diferencia ós locais de 5 puntos a falta de 5 minutos: 48 â?? 43.

Portonovo que non tiña o dia no lanzamento exterior, e con Julio de espectador no banquillo (non chegou a xogar) a defensa local intentaba provocar fallos de Norat, Alberto e o base Romero. Tan só a base de correr era coma se mantiñan ahí. Pero entre Nacho e Pepi outra vez anotando na zona, e con Peñaño dirixindo perfectamente a saida da defensa á desesperada dos visitantes, gran dirección de xogo a sua, Extrugasa acadou a victoria.

 

Mencion aparte o gran partido de Santi (14 puntos, 3 tapóns espectaculares, rebotes, defensa, tiro exterior). Pero a sensación foi que todo o equipo dou a cara facendo un bo partido todos: a direccion de Peñaño, a confianza de Diego, tanto á hora de anotar, coma a boa defensa que fixo, mais o xogo interior de Santi-Pepi-Nacho, mais Cachote, Pedrito, Juanjo, Victor� O éxito de hai 1 ano (ascender), queda refrendado ca permanencia nesta liga outro ano mais. e todo elo con xente «da casa», que ten un valor dobre.


1 comentario

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.