Estase a executar a obra de saneamento na rúa Eugenio Escuredo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Una vez obtida autorización de Portos de Galicia, a empresa COVSA está a executar na zona portuaria de Pontecesures a obra de ??Saneamento da rúa Eugenio Escuredo?, incluída no Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra cun importe de 41.349,06 euros dos que 12.404,73 son achegados polo Concello de Pontecesures.

Dende a parte traseira do edificio de Protección Civil e en dirección á ponte romana (por detrás da piscina e do Club Náutico) vaise colocar una nova tubaría de alcantarillado para dar servizo e conducir aos pozos de bombeo á EDAR do Telleiro as augas fecais de algunhas edificacións que, ata o de agora, ían directamente ao río Ulla.

O goberno local segue a levar a cabo actuacións de saneamento para mellorar a calidade das augas do río. Este é un obxectivo básico que debe presidir a acción do goberno municipal.

Pontecesures, 23 de marzo de 2009


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.