NOVO EXITO DA CANTEIRA DO BASKET: 5 XOGADORES/AS INFANTIS E CADETES DO CLUB RIO ULLA ACUDEN Ã? TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS

Publicado por fru en

Estes dias confirmaronse as expectativas e ilusións de varios dos rapaces/as do noso club. Ate 5 integrantes, 7 se contamos a 2 adestradores do club, van ir disputar cas respectivas seleccións zonais de Arousa, tanto infantís coma cadetes, masculina e feminina.

Así na Infantil feminina serán 2 as integrantes seguras: Eva Gerpe  e Raquel Diz. Temos coma suplente a outra nena do club Lara Alvarez, que, caso de que unha participante do Cortegada non se recupere a tempo dunha enfermidade, acudiría a nosa xogadora.

Na Infantil masculina estará Jose Carlos García representando ó noso club.

Na Cadete masculina será o mozo Fran Bragado ó que vaia ca súa selección. Esta selección estára dirixida polos adestradores do CB Rio Ulla Antonio Pedrido e José Rodríguez.

Finalmente, na cadete feminina Idoia Gonzalez está convocada para esta selección.

O torneo vaise celebrar este sábado 28 en Ourense todo o día, partido dende Vilagarcia ás 8 da mañá un bus con todos os integrantes das 4 seleccións. O torneo disputarase en 2 pabillóns da capital ourensana, e as outras seleccións rivais deste torneo son Vigo e Ourense. nun disputarán os partidos de infantís, tanto masculino coma femininos. No outro serás os nenos e nenas cadetes.

Idoia, Eva, Antonio e Raquel logo do adestramento desta tarde

Sorte a todos.


2 comentarios

Noelia · 26-03-2009 a las 21:47

Unha das xogadoras que tamen saíu desta gran canteira é Miriam García que actualmente xoga en Vilagarcía no Cortegada. Esta claro k en pontecesures hai un gran talento.Sorte a todos pero sobre todo as miñas nenas raquel, eva e a miña irmá Miriam.

fru · 26-03-2009 a las 23:28

Tes razón. Sorte para Miri tamén neste campionato e na liga galega, por onde leva 2 tempadas demostrando o boa que é.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.