O EXTRUGASA SENIOR FINALIZA ESTE SABADO A LIGA EN VILANOVA NUN PARTIDO INTRASCENDENTE, E LOGO DE PERDER CONTRA MECO DE O GROVE NOS INSTANTES FINAIS

Publicado por fru en

Este sábado ás 7 da tarde vai finalizar a participación no campeonato zonal de 1ª división, en casa do Vilanova. Faino ca tranquilidade que da ter asegurada a participación a vindeira temporada nesta liga dos mellores equipos zonais. Para dito partido o equipo vai ir pola victoria, e caso de non ser posible, polo menos dar unha boa imaxe, caoma a deste pasado sábado no grove, diante do Meco, onde perdeu por 3 puntos (49 a 46) nos instantes finais. Partido ó que so poideron desprazarse 7 xogadores, faltando varios dos habituais, polo que o esforzo dos chavales foi meritorio.

Na 1ª parte os locais xogaron moi cómodos, e impuxeronse no marcador dende o principio (1º cuarto: 19 -11), descanso (30 -19). Polo Extrugasa tan só Santi na zona local era capaaz de anotar con facilidade (11 puntos nesta parte).

Pero a 2ª parte empezou de forma distinta. O Extrugasa veuse arriba e dun 32 – 19 no minuto 22, pasouse cun parcial de 5 a 22 a un 37 a 40 no final do 3º cambio. ¿Que pasou? Sencillamente que os chavales (Pedrito, Victor, Cachote) sacaron o baloncesto que levan dentro, e nun cuarto para recordar, non se cortaron á hora de lanzar e con 4 triplas, mais a defensa de Santi, Pepi e Felipe sobre os interiores locais, diron toda unha lección de baloncesto.

E no derradeiro cuarto faltou algo mais de anotación, por que o Meco estivo ben maniatado, pero os tiros do Extrugasa deixaron de entrar. A pesar diso todo o cuarto diante, quedando 28 segundos e gañando por 1, Felipe  erra 2 tiros libres. Quedando 15 segundos Meco empata a 46 ó anotar seu base 1 tiro libre dos 2 que tivo. Con 15 segundos Extrugasa ataca, e quedando 3 segundos perde o balón ó facer pasos un xogador. Tempo morto local, no saque de banda dende medio campo, recibe un aleiro do Grove que, tira tras bloqueo e anota unha tripla sobre bocina.

Xogaron e anotaron polo Extrugasa: Pedrito (3), Victor (6), Cachote (3), Santi (13), Felipe (6), Pepi (15), e Juanjo (-).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.