Don Avelino Pousa Antelo, nomeado presidente de honra da Mesa de Normalización Lingüistica.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou onte a súa asemblea xeral, na que se renovou a directiva con Carlos Callón ao fronte, Fran Rei como vicepresidente e Iria Touba como secretaria xeral. Nestes últimos tres anos, a Mesa gañou 600 novos socios, co que con 3.500 constitúe a maior asociación cultural de Galicia.
Na asemblea que tivo lugar en Santiago tamén se acordou nomear a Avelino Pousa Antelo como presidente de honra, polo seu traballo en defensa da lingua de Galicia. Carlos Callón, reelixido presidente, lembraba onte como o galego comeza un novo ciclo preocupante, tanto polas estatísticas (o último informe da Real Academia Galega reflicte unha importante perda de galegofalantes) como polo novo Goberno, sinalou, e a súa promesa de derrogar o decreto do galego no ensino. «En Galicia quen quere vivir en castelán pode facelo, quen quere vivir en galego non», advertiu Callón.

LA VOZ DE GALICIA, 29/03/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.