A mesa do Souto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tralo paseo do Espolón e fronte a praza de abastos de Padrón, se ofrece o amplo espazo do antigo Souto do Rei, no que coa reconversión sofrida da cabida hoxe a una serie de entidades tales como o Centro de Saúde, Pavillón, Piscina, Centro Social e Auditorio, etc.. concentrando co mercado dos domingos, a maior actividade e desenvolvemento da vida padronesa.
Pero non é do Souto actual sobradamente coñecido por todos, do que queremos falar aquí, senón que pensando máis ben nos xoves e forasteiros, naquel Souto de antes, tempos idos, nos que baixo a sombra da vella carballeira se reunían centos de feireantes ou gandeiros coas reses vacinas ou cabalares, que os días oito, vinte e vintesete, as máis importantes, coa cabalar de ano na Pascua, aparte, única que aínda segue celebrándose aquí tiñan lugar. E tamén por outra banda, sinalar ao fondo, aquel maxestuoso eucaliptal que amén baixo o verde céspede que servía de ocio e «relax», así coma de «cámping», significaba una forte e importante defensa para o casco urbano contra os temporais dos vendavais ou fortes ventos do Sar.
Pois aquelas feiras trascendían o seu interese máis alá das fronteiras rexionais, coma continúa ocorrendo con equina de Pascoa aínda hoxe en día.
E no medio de aquel «maremagnun» de gando e gandeiros, campesiños, vendedores e compradores que en cada feira de Padrón aquí se daban cita, había unha ampla Messa de pedra con longos asentos a ámbolos dous aldos, do mesmo material, que facía o oficio de descanso e de parlamento onde se levaban a cabo moitas das operacións de compra e venda dos feireantes, que como era costume solían «rubricarse» co consabido apretón de mans.
Aparte, a fama daquela Mesa deu lugar a unha curiosa anécdota entre os padroneses, de tal forma de que cando algún amigo se poñía demasiado pesado en calquera tipo de comentario ou discusión, se lle acostumaba lle decir: «Mira, vaite sentar á Mesa do Souto…..»

Artigo de J. Castro Cajaraville (Libro da Pascua de Padrón).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.