Subvención de 40.000 � para promocionar os estilos de vida saudable en Catoira, Valga e Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

� abeiro da Orde de 23 de xaneiro de 2009 á Consellería de Sanidade ven de conceder esta subvención para o proxecto presentado polos tres concellos citados.

Para levar a cabo este proxecto vaise contratar, como mínimo, un diplomado universitario con especialidade en educación física e outro con formación académica en alimentación e nutrición humana.

As actividades irán dirixidas tanto á poboación infanto-xuvenil como á poboación adulta.

En concreto vanse realizar actividades de promoción da vida sen tabaco, alcohol e outras drogas (talleres de habilidades sociais para os xoves, obradoiros de bebidas saudables, formación de profesorado, espacios sen fume, charlas, cartelería, etc�); de promoción da actividade física para a mellora da saúde en todas as idades (iniciación ao deporte, recreos activos, rutas de sendeirismo, etc�); e de promoción dunha educación equilibrada e saudable en todas as idades (sesións informativas dirixidas a 3ª idade e colectivos de risco, talleres de almorzo, promoción da venda de productos saudables en centros educativos, dieta atlántica, saúde bucodental, lactancia materna, etc�).

O goberno local de Pontecesures quere mostrar a súa satisfacción pola subvención, anunciando que, en breve, os representantes dos tres concellos manterán unha xuntanza para organizar as actividades do proxecto, e fixar as bases para a contratación do persoal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.