Un veciño substrae un buzón metálico dun edificio e obriga a intervir á Policía Local.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as 16 horas do día de hoxe, un home levouse un buzón metálico para a publicidade situado no exterior da porta de entrada do edificio da Rúa José Novo Núñez nº 22 (se atopa no baixo. Supermercados Moldes). Alertada a Policía Local por unha muller, o home foi interceptado e identificado preto do Restaurante Olivo, na Avda. de Vigo. O buzón foi recuperado por un axente. Cando se lle preguntou ao home, que vive en Pontecesures, polas razóns da súa acción, contestou que lle facía falta na casa.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.