Dous concellos unidos grazas as súas féminas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As féminas dos dous colectivos compartiron uns minutos no Auditorio Municipal de Valga.

Esta semana as integrantes da Asociación de Mulleres Rurais ??Albor?, de Valga, recibían a visita das compoñentes dun colectivo ??Virxe de Bonabal?, de Santiago coas que teñen xa realizado multitude de actividades durante estes anos.
Todo comezou con motivo da visita que hai un tempo fixeron as valguesas á cidade do Apóstolo. Como era de agardar, as anfitrionas exerceron como boas guías da urbe compostelá e amosáronlles ás compoñentes de ??Albor? os lugares máis emblemáticos de Santiago de Compostela.

Agora, meses despois, ??Virxe de Bonaval? acode a Valga para coñecer o municipio das súas compañeiras e descubrir un concello que a bo seguro lles reparou algunha sorpresa.

A súa estadía levounas a percorrer os puntos máis visitados do pobo que veu nacer a nomes como ??A Bella Otero? ou o estudoso Xesús Ferro Couselo. Acudiron á parroquia de Campaña, onde coñeceron a Mina Mercedes e o templo parroquial, así como a praia fluvial de Vilarello ou as fervenzas de Parafita, situadas en Xanza.

A permanencia no concello valgués non se limitou só a visitar os escenarios naturais, que é un dos puntos turísticos importantes, senón que tamén subiron aos Martores para coñecer a súa Capela.

Día completo > Acudiron tamén a un dos lugares imprescindibles nunha visita a Valga: O Auditorio Municipal, onde foron recibidas por unha boa cantidade de integrantes da asociación ??Albor?. Nas instalacións municipais contemplaron unha mostra do que foi a exposición de camelias que organizaron no mes de febreiro, e tamén adquiriron algunhas das plantas que puxeron á venda os compoñentes da asociación de discapacitados do concello, ??Asmivalu?, por tan só un euro.

DIARIO DE AROUSA, 18/04/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.