Rosa Quintana, dona do odontólogo con clínica en Pontecesures Jorge Ortega, nova Conselleira do Mar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rosa Quintana Carballo, dona do odontólogo Jorge Luis Ortega, con clínica dental na Avda. de Vigo nº 12 de Pontecesures, foi nomeada Conselleira do Mar polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Este é o seu currículo:

Nada en 1959, é licenciada en Ciencias Biolóxicas na USC. Traballou coma funcionaria da Consellería de Pesca: delegada territorial de Pesca en Vigo e foi directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Dende a súa licenciatura ata hoxe participou coma ponente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou varios traballos vinculados con esta materia. En 2007 participou coma experta en seminarios sobre lexislación alimentaria da Unión Europea en Chile.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.