Donativos para as Festas do Carme 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

O pasado mércores, día 29 de abril, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de cultura, Jesús Mª Rey e o concelleiro de relacións institucionais, Luis A. Sabariz, reuníronse cun grupo de veciños/as que van colaborar solicitando donativos para as festas do Carme de Pontecesures, que se celebran os días 3, 4, 5 e 6 de xullo e participando na organización dos actos festivos.

Estas persoas, sairán a vindeira semana para solicitar donativos polos domicilios e comercios, facendo un chamamento á poboación para que colabore no posible.

Infórmase tamén á veciñanza que os donativos tamén poder seren ingresados nunha conta aberta polo concello en Caixanova de Pontecesures para estes fins. � a seguinte:

2080 0112 71 0040008207

Se algunha persoa quere sumarse para formar parte destes grupos que van pedir polas portas, pode dirixirse ao concello.

O goberno local quere agradecer a todas estas persoas, que colaboran desinteresadamente, o seu labor, que é difícil (fundamentalmente coa crise que vivimos). Sen a súa entrega e adicación sería moi complicado organizar as festas do Carme 2009.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.